Inicio Galicia Xunta e sindicatos asinan o acordo que permitirá aplicar canto antes as...

Xunta e sindicatos asinan o acordo que permitirá aplicar canto antes as melloras aos funcionarios de Xustiza

0

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, firmou o documento xunto aos representantes de SPJ-USO, UGT e CCOO


A Xunta de Galicia e os sindicatos SPJ-USO, UGT e CC OO asinaron hoxe o acordo que pon fin ao conflito na Xustiza. O pacto permitirá aplicar canto antes as melloras acordadas na mesa sectorial e beneficiará tanto os propios funcionarios como a cidadanía no seu conxunto.

O representante da Xunta, Juan José Martín, destacou a importancia da rúbrica e sinalou que permitirá dar o impulso necesario para que as melloras que se recollen no acordo poidan ser implementadas o antes posible. De feito, hoxe celebrouse a primeira reunión da comisión de seguimento para a súa aplicación.

O acordo establece que os funcionarios da Xustiza galegos verán incrementado o complemento autonómico en 135 euros ao mes no caso dos xestores, 127 no dos tramitadores e 122 no dos auxilios. A suba producirase en tres anos, a razón do 50% este mesmo exercicio, o 30% en 2019 e o 20% restante en 2020. Os traballadores verán os primeiros efectos do aumento na súa nómina de xuño, aínda que terá efectos retroactivos con respecto a maio.

Leer más:  Las exportaciones gallegas aumentan un 13% en febrero, el segundo mayor incremento entre las comunidades

A maiores, inclúese unha cláusula de revisión que garante que os traballadores da Administración de Xustiza en Galicia manterán unha posición por riba da media dos territorios coa competencia transferida. Tamén se inclúe a posta en marcha do plan de actuación que permitirá recuperar, na medida do posible, o traballo atrasado durante a folga, un plan que será acordado co TSXG e a Fiscalía e que deu os seus primeiros pasos esta semana.

O acordo inclúe así mesmo outros puntos con melloras para os funcionarios, moitas das cales tamén redundan en beneficios para a Administración de Xustiza e para todos os cidadáns, como a consolidación das prazas de reforzo de máis de tres anos de duración, a creación de novas prazas, melloras nos xulgados de violencia de xénero, e a ampliación do permiso por maternidade e paternidade e dos supostos de baixas por enfermidade nos que se percibe o 100% das retribucións.

Tras a súa firma, o acordo será aprobado mañá polo Consello da Xunta para a súa posterior publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Leer más:  Los artistas que encabezan el cartel del Surfin the Lérez 2024 son The Rapants, Grande Amore, Niños Mutantes, Joe Crepúsculo y Ortiga

- Te recomendamos -