Inicio Galicia Xunta e Sindicato Unificado de Policía coinciden na necesidade de completar o...

Xunta e Sindicato Unificado de Policía coinciden na necesidade de completar o cadro de persoal da Policía Autonómica

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, reuníronse hoxe co secretario federal do Sindicato Unificado de Policía (SUP), Roberto González


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe co secretario federal do Sindicato Unificado de Policía (SUP) en Galicia, Roberto González. No encontro, coincidiron na necesidade de completar o cadro de persoal da Policía Autonómica.

A Xunta xa solicitou ante o Goberno central, en diversas ocasións, a necesidade de completar o cadro de persoal da Policía Autonómica. En concreto, precisaríanse 100 axentes máis.

O Goberno galego e o SUP coinciden en que é imprescindible reforzar este corpo para facer fronte ás competencias das que se encarga, fundamentais e que, ademais, se foron incrementando nos últimos anos como, por exemplo, coa incorporación da protección das mulleres vítimas de violencia de xénero. Prévese, ademais, que esta carga de traballo aumente previsiblemente pola celebración do Xacobeo en 2021.

No encontro tamén abordaron outros asuntos de interese, como as melloras realizadas nos últimos anos no parque móbil da Policía Autonómica, que o SUP considerou positivas para unha mellor prestación do servizo.

A entrega máis recente de vehículos foi en novembro de 2019, con 6 vehículos: 2 dous deles todoterreos destinados á prevención e loita contra incendios e furtivismo, e outros 4 para patrullas medioambientais. Este equipamento forma parte dun plan máis amplo de mellora dos medios materiais dos que dispón a Comunidade Autónoma e que permitirá mellorar a eficacia das actuacións na prevención de riscos e nas intervencións de emerxencias en Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre