O Goberno galego, a través do CSHG, e as asociacións sectoriais de cada provincia ofrecerán 500 accións formativas centradas na seguridade sanitaria
O Goberno galego e o sector turÃstico traballarán no Pacto por un destino seguro, que inclúe unha baterÃa de accións para mellorar a información, asesoramento e formación das empresas e profesionais turÃsticos galegos en materia de seguridade sanitaria, asà como apoio económico para adecuarse á situación actual. Trátase dun acordo presentado por parte do conselleiro de Cultura e Turismo, Román RodrÃguez, o Clúster Turismo de Galicia e as asociacións sectoriais e profesionais de cada provincia.
O titular de Cultura e Turismo da Xunta, que estivo acompañado pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou a importancia de garantir que a nosa Comunidade sexa un destino seguro, capaz de ofrecer as máximas condicións de seguridade sanitaria para profesionais e usuarios. Para acadar este obxectivo prevese a posta en marcha dun plan de formación voluntario centrado neste eido e impartido polo Centro Superior de HostelerÃa de Galicia (CSHG) e as entidades sectoriais e provinciais. A iniciativa botará a andar a próxima semana e contará cunha oferta inicial de 50.000 prazas en 500 accións formativas de carácter xeral adaptadas ás especificidades de cada subsector e de cada área xeográfica.
Román RodrÃguez subliñou que se trata dunha oferta inicial, que se ampliará en caso de que sexa necesario co obxectivo de chegar ao maior número de profesionais e establecementos. Avanzou ademais que os participantes poderán obter un certificado opcional que acredite o coñecemento de medidas de seguridade sanitaria. Esta proposta súmase ao servizo de teleformación impartido desde o comezo da crise sanitaria por parte do CSHG para mellorar a capacitación das empresas e profesionais turÃsticos en aspectos como os idiomas, o márketing ou ferramentas dixitais.
Manuais para os axentes do sectorPara afondar nos obxectivos do Pacto por un destino seguro, a Xunta, a través do CSHG, o Sergas e o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), en colaboración con representantes do sector e entidades como o Instituto para la Calidad TurÃstica Española (ICTE), a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e especialistas como o profesor e catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, Juan Gestal, elaboraron 11 manuais para os distintos axentes do sector coas principais recomendacións e medidas de seguridade hixiénico-sanitaria.
Trátase dunhas publicacións que condensan os requisitos obrigatorios establecidos polo Ministerio de Sanidad, as recomendacións elaboradas polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e outros consellos adaptados aos establecementos galegos, tendo en conta as súas particularidades para facilitar a súa consulta por parte dos distintos axentes. En concreto, disporase de manuais adaptados aos restaurantes, hoteis, aloxamentos rurais, albergues, cámpings, balnearios, axencias de viaxes, turismo activo, campos de golf, guÃas de turismo e oficinas de turismo. Poderanse actualizar en función da evolución do estado de alarma e as diferentes instrucións derivadas do mando único.
Ademais, outro dos piares deste pacto é a creación dun teléfono gratuÃto de atención aos establecementos turÃsticos que permitirá ofrecer asesoramento personalizado sobre recomendacións e medidas de seguridade sanitaria. Este servizo correrá a cargo dun equipo que resolverá as dúbidas formuladas polos profesionais do sector. Nestes momentos estase a ultimar a posta en marcha deste teléfono, que botará a andar nos próximos dÃas, dando debida conta aos axentes do sector.
O conselleiro de Cultura e Turismo destacou que todas estas iniciativas se enmarcan no programa Galicia, destino seguro, que conta cunha dotación global de 5 millóns de euros e que recolle ademais entre as súas medidas apoio económico aos profesionais e establecementos do sector para a adopción de medidas de seguridade hixiénico-sanitarias.
Neste sentido, Román RodrÃguez destacou que para o Goberno galego é unha “prioridade fundamental” que estas accións cheguen ao maior número posible de establecementos galegos, motivo polo cal o Goberno contribuirá á adquisición do material necesario.
Entidades colaboradorasTodas estas medidas desenvolveranse en colaboración cos seguintes colectivos e asociacións profesionais e sectoriais: o Clúster Turismo de Galicia, a Unión Hostelera Coruñesa, a Asociación Provincial de Empresarios de HostelerÃa y Turismo de Lugo, a Federación de HostelerÃa de Ourense, a Asociación de Empresarios de HostelerÃa en Pontevedra, o Consorcio de Empresarios TurÃsticos de Sanxenxo, a Asociación Provincial de Empresarios da Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela, a Federación Galega de Turismo Rural, a Asociación Galega de Albergues Privados, a Asociación Galega de Campings, a Asociación de Balnearios de Galicia, a Asociación Galega de Axencias de Viaxes, a Asociación Profesional de GuÃas TurÃsticos de Galicia, a Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo e a Asociación Galicia Destino Golf.