Inicio Galicia Xunta e PSA avalían os proxectos para a transformación da automoción galega...

Xunta e PSA avalían os proxectos para a transformación da automoción galega a través da innovación e a dixitalización

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo esta mañá unha reunión con Carla Gohin, vicepresidenta de Investigación, Innovación e Enxeñaría Avanzada do grupo PSA e con Frédéric Puech, director da factoría de Vigo


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo esta mañá unha reunión con Carla Gohin e Frédéric Puech, vicepresidenta de Investigación, Innovación e Enxeñaría Avanzada do grupo PSA e director da factoría de Vigo, respectivamente, co obxectivo de seguir avanzando na transformación da automoción galega a través da innovación e a dixitalización.

Durante o encontro, Administración e empresa tiveron a oportunidade de avaliar a evolución dos proxectos que, en materia de innovación, a factoría de PSA Vigo -un dos centros de referencia do grupo a nivel mundial neste eido- está a desenvolver en colaboración con entidades como o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG) ou o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga).

Cabe destacar a iniciativa da Business Factory Auto, a aceleradora galega especializada no sector da automoción, que na terceira convocatoria desenvolverá 20 novas iniciativas; o proxecto para a posta en marcha en Vigo dunha planta piloto de Fábrica Intelixente; ou a participación de PSA no programa de Unidades Mixtas de Investigación -iniciativa que desde 2014 desenvolve 12 proxectos específicos de automoción-.

Leer más:  Manuel Gallego, alcalde de Taboadela (Ourense) durante casi 50 años, ha fallecido

As dúas partes coincidiron en destacar que un dos obxectivos prioritarios é consolidar o posicionamento de Galicia no referido ao coche autónomo -PSA converteuse no primeiro fabricante en probar esta tecnoloxía en España con percorrido entre Vigo e Madrid- pero tamén nos modelos eléctricos.

O conselleiro trasladou o compromiso da Xunta co desenvolvemento deste sector para que Galicia siga a ser un dos principais núcleos produtivos e un dos principais motores de crecemento e coñecemento na aplicación da Industria 4.0 á automoción e destacou tanto o labor fundamental de PSA neste aspecto, como do CTAG, do Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) e da industria auxiliar en xeral. Conde salientou a importancia de que todos os axentes sigan colaborando para consolidar un sector que no pasado ano facturou 8.700M€, creou preto de 1000 empregos e bateu un récord histórico de exportacións cun incremento do 21,5%.


- Te recomendamos -