Inicio Galicia Xunta e Irmandade Xurídica conmemoran a primeira sentenza en lingua galega ditada...

Xunta e Irmandade Xurídica conmemoran a primeira sentenza en lingua galega ditada no xulgado de Arzúa

0

Valentín García participou no acto organizado pola Irmandade Xurídica Galega, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística en colaboración e a Secretaría Xeral de Política Lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá no acto conmemorativo da primeira sentenza en lingua galega ditada no Xulgado de Arzúa, organizado pola Irmandade Xurídica Galega e pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Valentín García manifestou que o ámbito da Xustiza “é fundamental para a plena normalización da lingua galega e uns xulgados que funcionen con normalidade no idioma propio de Galicia estarán máis próximos á cidadanía e son, por este motivo, unha aspiración democrática e, permítaseme a redundancia, xusta”.

Xunto con Valentín García interviñeron na conmemoración Xoaquín Monteagudo Romero, presidente da Irmandade Xurídica Galega; Xosé González, presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística; e Isabel Suárez García, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Arzúa, así como avogados e funcionarios do partido xudicial de Arzúa.

Durante o acto, descubriuse unha placa conmemorativa e os sete alcaldes dos partidos xudiciais de Arzúa -José Luís García López (Arzúa), María Jesús Novo Gómez (Boimorto), Dalia García Couso (Melide), Manuel Taboada Vigo (O Pino), Manuel Adán López (Santiso), Miguel Ángel Buján Varela (Toques) e Ignacio Codesido Barreiro (Touro)- asinaron a Declaración a prol da lingua galega nos usos xurídicos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre