Inicio Galicia Xunta e Imserso acordan converter o Cegadi nun centro de referencia estatal...

Xunta e Imserso acordan converter o Cegadi nun centro de referencia estatal na atención a persoas con discapacidade

0

O equipamento acollerá unha delegación da oficina de axudas técnicas do Imserso (Ceapat) para que ningunha persoa con discapacidade ou familiar teña que saír de Galicia para solicitar as axudas técnicas máis innovadoras que faciliten a plena integración

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e a directora xeral do Instituto de Mayores y Servicios Sociales (Imserso), Carmen Balgafón Lloreda, reafirmaron hoxe o compromiso de impulsar de maneira definitiva a Centro Galego de Desenvolvemento Integral (Cegadi). De feito, o protocolo asinado esta mañá por ambos mandatarios nas dependencias de San Caetano situará este equipamento como centro de referencia estatal no ámbito da discapacidade.

Rey Varela e Balfagón Lloreda apuntaron que con este acto de sinatura se están a desenvolver o acordos aos que chegaron o pasado día 16 de febreiro o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a Ministra de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, Dolores Montserrat. Así mesmo, salientaron que este protocolo responde ao compromiso de ambos executivos de facer políticas centradas nas persoas.

Na súa intervención, Rey Varela afirmou que este acordo “supón un salto cualitativo” nos campos da promoción e o desenvolvemento de boas prácticas, o desenvolvemento de programas e técnicas de intervención innovadoras, a difusión de coñecementos e a promoción da investigación. “Obxectivos que responden a un dos eixos prioritarios da Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020 como é o de potenciar a innovación, a investigación e as boas prácticas en materia de discapacidade e atención á diversidade”, apuntou.

Ademais, o conselleiro explicou que a Xunta traballa coa finalidade de optimizar e sacar o maior rendemento ao Cegadi. Neste fin enmarcou este protocolo co Imserso, a posta en marcha en decembro do ano pasado dos servizos de tutela de persoas adultas con discapacidade e de valoración da situación de discapacidade e dependencia, así como a próxima entrada en funcionamento nestas instalacións de diferentes servizos de fisioterapia, rehabilitación, terapia ocupacional, integración sensorial e psicomotricidade ou logopedia, entre outros. “Queremos que o Cegadi sexa tamén un referente en materia de formación e innovación”, insistiu.

Ao respecto, Rey Varela indicou que todas estas actuacións “inscríbense na aposta da Xunta de Galicia por poñer máis e mellores servizos a disposición dos galegos e galegas e, especialmente, para aqueles colectivos que máis o precisan, como son as persoas con discapacidade”. ´Pola súa banda, a directora xeral do Imserso manifestou que con este protocolo o Goberno central contribúe coa Xunta en prestar a mellor atención ás persoas con discapacidade a través da posta en marcha do Cegadi, que se convirte en recurso de referencia para o conxunto de España e nun centro pioneiro en investigación.

Neste sento, ademais dos novos servizos cos que contará, este centro albergará unha delegación do centro de axudas técnicas (Ceapat) do Imserso coa finalidade de que os afectados e os seus familiares non teñan que saír de Galicia para solicitar estas axudas técnicas máis innovadoras na procura de que poidan ter unha vida totalmente inclusiva.

Outro servizo do Cegadi que destacou a responsable do Imserso foi a disposición de 32 prazas residenciais que cubrirán as necesidades integrais das persoas con discapacidade que as necesitan polas súas circunstancias persoais e sociais.

Por último, Rey Varela e Balfagón Lloreda avogaron por seguir adiante coa colaboración entre administracións e entidades do sector da discapacidade para, entre todos, facer que o Cegadi sexa un recurso innovador que aporte solucións para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade física. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre