Inicio Galicia Xunta e Fegamp organizan o vindeiro 15 de marzo unha xornada sobre...

Xunta e Fegamp organizan o vindeiro 15 de marzo unha xornada sobre transparencia nas entidades locais de Galicia

0

Está dirixida a secretarios/as, interventores/as e tesoureiros/as, empregados/as públicos e intersados/as en xeral

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2019.- A Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias organizan o vindeiro 15 de marzo unha xornada coa que se pretende actualizar os coñecementos en materia de transparencia para as entidades locais de Galicia. Os obxectivos da Xornada son dar a coñecer as vantaxes do Portal de Transparencia Local de Galicia para os concellos e as súas funcionalidades prácticas como ferramenta que facilita o cumprimento normativo das obrigas legais en materia de transparencia.

Na Xornada participan o presidente da Fegamp, Alfredo García, a valedora do Pobo, Milagros Otero, e as directoras de Avaliación e Reforma Administrativa e de Administración Local, Natalia Prieto e Marta Fernández- Tapias, respectivamente. Ademais da codirectora da RedLocalis, Concepción Campos, o profesor titular de Economía Aplicada na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense da Universidade de Vigo, Alberto Vaquero; e secretaria da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa,Elena Barba.

Terá lugar na sede da Delegación da Xunta en Vigo, o vindeiro 15 de marzo, de 10 a 14 horas e está principalmente dirixida a secretarios/as, interventores/as e tesoureiros/as, ,cargos electos da administración local, empregados/as públicos e interesados/as en xeral. O empregados/as públicos en xeral, así como cargos electos da administración local. O prazo de inscrición é ata o 12 de marzo en www.fegamp.gal 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre