Inicio Galicia Xunta e Fegamp destacan os bos resultados acadados grazas á cooperación en...

Xunta e Fegamp destacan os bos resultados acadados grazas á cooperación en temas como a violencia de xénero ou as emerxencias

0

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu hoxe a reunión da Comisión Galega de Cooperación Local, que serviu para facer balance das medidas de colaboración postas en marcha nos últimos anos


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu esta mañá a reunión da Comisión Galega de Cooperación Local, que tivo como obxectivo facer balance dos bos resultados acadados nos últimos anos grazas ás iniciativas de cooperación postas en marcha entre o Goberno galego e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) en distintos eidos como a violencia de xénero, as emerxencias ou a transparencia.

No encontro tamén participaron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Fegamp, Alfredo García, xunto cos conselleiros de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar; Cultura e Turismo, Román Rodríguez; Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e Política Social, Fabiola García. A reunión tamén serviu para agradecer o traballo realizado pola vixente executiva da Fegamp, que a semana que vén será renovada.

Nos últimos anos, Xunta e Fegamp chegaron a acordos de relevancia en distintas materias, comezando pola reactivación da propia Comisión Galega de Cooperación Local, que tiña pasado anos sen reunirse e que agora mantén encontros con carácter anual.

Grazas ao diálogo fluído, acometéronse importantes avances na colaboración entre a administración autonómica e a local. Neste eido, ten especial relevancia o Fondo de Cooperación Local, unha partida que a Administración autonómica destina aos concellos cada ano e que supera os 135 millóns de euros para 2020.

Xa no que se refire a acordos máis concretos, a convocatoria centralizada das oposicións de axentes e auxiliares de Policía Local xa suma varias convocatorias desde que se puxo en marcha para facilitar a xestión dos concellos e homoxeneizar as probas de acceso. Actualmente, teñen asinado convenios de adhesión un total de 72 concellos galegos.

Outros ámbitos nos que se teñen realizado avances son a transparencia, coa posta en marcha do Portal de Transparencia Local de Galicia, que suma hoxe a 84 concellos; ou a loita contra a violencia de xénero, nas que destacan a Rede de entidades locais contra esta lacra, que aglutina a 178 concellos, e os Centros de Información á Muller, distribuídos por todo o territorio e nos que a Xunta colabora no seu financiamento.

En materia de emerxencias, chegáronse a acordos importantes para a ampliación e mellora dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal e, xa máis recentemente, para a posta en marcha o próximo ano dun Plan coordinado e conxunto de loita contra a vespa velutina, que estará estará dotado con 2,3 millóns de euros.

Ademais, outros acordos de calado foron os Pactos pola paisaxe; o Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía; a figura dos concellos emprendedores, xa 125 a día de hoxe; a asunción de gastos de centros de saúde; ou a Axenda Social Única.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre