Inicio Galicia Xunta e Fegamp asinan un protocolo para mellorar a coordinación nas tarefas...

Xunta e Fegamp asinan un protocolo para mellorar a coordinación nas tarefas de conservación e sinalización do Camiño

0

O obxectivo é establecer un marco de colaboración para favorecer á protección, difusión e fomento do valor cultural e paisaxístico das diversas rutas xacobeas


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, asinaron hoxe un protocolo de colaboración para a mellora na conservación, mantemento e sinalización do Camiño de Santiago.

O obxectivo deste acordo é establecer un marco estable de colaboración coas entidades locais para fomentar, promover e potenciar a mellora na protección da integridade física das trazas do Camiño de Santiago, así como a súa conservación mantemento e sinalización. Con esta finalidade, a Fegamp promoverá a difusión entre as entidades que integran a Administración local do contido deste protocolo para promover, difundir e fomentar o valor cultural e paisaxístico do Camiño e colaborar na súa conservación e mantemento da súa imaxe, á fin de chegar ao horizonte da celebración do Xacobeo 21 en óptimas condicións.

Coa firma deste protocolo tamén se pretende favorecer unha dinámica de comunicación entre as partes que permita detectar as necesidades no Camiño e adoptar, dentro do marco das súas competencias, as medidas precisas para impulsar a mellora da seguridade viaria asociada aos diferentes tramos da Ruta Xacobea.

Por outra banda, sendo conscientes da necesidade de buscar a mellor integración dos tramos urbanos do Camiño, en coherencia cos valores que representa, procurarase analizar as medidas que favorezan e impulsen a axilización dos trámites que, en relación coa conservación, sinalización e mantemento do Camiño, sexan precisos para a mellor execución dos programas integrais de mantemento previstos.

Investimento de 15,6 millónsCoa finalidade de impulsar dun xeito determinante os obxectivos establecidos neste documento, a Consellería de Cultura e Turismo porá en marcha un programa global para o mantemento, conservación e sinalización do Camiño polo que procederá á licitación dun proxecto integral para Galicia, onde se definan as condicións e operacións a realizar nos distintos trazados que compoñen a Ruta Xacobea. Ademais, constituirase unha Comisión de Seguimento, para avaliar e seguir os resultados do protocolo de colaboración.

Román Rodríguez lembrou que o Consello da Xunta aprobou este mes a operación máis ambiciosa de mantemento nos Camiños de Santiago. O Goberno autonómico investirá así 15,6 millóns de euros que permitirán contar cun equipo de actuación permanente que supervise, manteña e repare as rutas xacobeas en todo momento.

A Xunta licitará así oito contratos de servizo durante os dous próximos anos, ampliables a tres, que abarcarán unha superficie superior aos 1.250 quilómetros en sendas e estradas de 121 concellos. En concreto, prevense as seguintes contías nos dous primeiros anos:

Normal

0

false

false

false

GL

X-NONE

X-NONE

Camiño de Santiago

Lonxitude

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre