Inicio Galicia Xunta e Down Galicia colaboran en programas de fomento da inclusión e...

Xunta e Down Galicia colaboran en programas de fomento da inclusión e empoderamento de mulleres

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse hoxe con responsables de Down Galicia


A Xunta e Down Galicia veñen colaborando nos últimos anos para a posta en marcha de proxectos que redunden no fomento da inclusión e empoderamento das mulleres do colectivo.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co presidente da Federación Down Galicia, Delmiro Prieto, e coa súa xerente, Sonia Caldas, para avaliar o funcionamento das liñas de colaboración vixentes.

Só este ano a Secretaría Xeral da Igualdade destinou preto de 23.000 euros para a posta en marcha dun programa integral de inclusión de mulleres con síndrome de Down en Ourense; para unha iniciativa de fortalecemento das capacidade persoais e sociais destas mulleres na provincia de Lugo; e para habilitar espazos de escoita na Coruña.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre