Inicio Galicia Xunta e Deputación de Pontevedra aproban o orzamento do Consorcio Provincial por...

Xunta e Deputación de Pontevedra aproban o orzamento do Consorcio Provincial por importe de 3,8 M?

0
image_gallery.jpg

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na reunión onde tamén tomaron posesión as dúas delegadas da Xunta en Vigo e Pontevedra, como vogais


O Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento de Pontevedra, integrado pola Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, aprobou hoxe o orzamento para o vindeiro ano 2021, que acada un orzamento de 3,8 millóns de euros.

O director de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou por videoconferencia no Pleno onde, entre outros trámites administrativos ordinarios, un dos puntos fundamentais da xuntanza foi a toma de posesión das delegadas da Xunta en Pontevedra e Vigo, Luisa Piñeiro e Marta Fernández-Tapias, respectivamente como vocais do Pleno.

No marco da xuntanza, informouse que o orzamento con respecto a este ano foi incrementado en 39.600 euros, o que supón un 1,04% máis con respecto ao orzamento de 2020. Prevese que cubrirá as necesidades do Consorcio, no que participan tanto Xunta como Deputación coa achega dun 50% cada Administración.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre