Inicio Galicia Xunta e Cruz Vermella abordan novas liñas de colaboración en materia de...

Xunta e Cruz Vermella abordan novas liñas de colaboración en materia de emprego e igualdade

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuniuse en Santiago de Compostela coa directiva de Cruz Vermella para continuar impulsando a cooperación entre a Administración autonómica e a entidade social


A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo no complexo administrativo de San Lázaro unha xuntanza coa directiva de Cruz Vermella na que abordaron novas liñas de colaboración en materia de emprego e igualdade. A reunión enmárcase na rolda de contactos que está a manter a titular do departamento autonómico cos principais axentes sociais e económicos de Galicia co fin de seguir promovendo na Comunidade autónoma o emprego e a igualdade de oportunidades da man dos principais sectores.

Lorenzana puxo en valor a “estreita colaboración” que a Xunta mantén coa entidade social que traballa en Galicia desde o ano 1870 axudando ás persoas máis vulnerables. Así, a conselleira destacou o labor que o organismo desempeña en áreas como a saúde, a formación, o medio ambiente, emerxencias, a cooperación internacional e a acción social e agradeceu o traballo que están a desenvolver neste novo contexto xerado pola covid-19.

A titular de Emprego e Igualdade resaltou a importancia de seguir colaborando con Cruz Vermella en tres áreas fundamentais como son o emprego, a igualdade e a loita contra a violencia de xénero. Trátanse de tres eidos nos que a Xunta colabora coa entidade achegando axudas por valor de catro millóns de euros nos últimos anos, entre 2009 e 2020. A Xunta, ademais, entre 2019 e 2020 autorizou a Cruz Vermella para impartir 14 accións formativas encamiñadas á obtención de certificados de profesionalidade.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre