Inicio Galicia Xunta e concellos afondan nas liñas de cooperación entre a Administración autonómica...

Xunta e concellos afondan nas liñas de cooperación entre a Administración autonómica e a local en beneficio da cidadanía

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe unha nova reunión da Comisión Galega de Cooperación Local, na que tamén participou o presidente da Fegamp, Alfredo García

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, presidiu hoxe unha nova reunión da Comisión Galega de Cooperación Local, na que tamén participou o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García. O obxectivo deste encontro foi seguir afondando nas liñas de cooperación entre a administración autonómica e a local, facer balance do realizado desde o encontro anterior, e marcar novas metas.

A última xuntanza deste órgano de coordinación tivo lugar hai aproximadamente un ano. Durante este tempo, deuse cumprimento á práctica totalidade dos acordos logrados naquel momento.

Entre outros, destaca a elaboración dunha bolsa de interinos para a cobertura de prazas de secretarios, interventores e tesoureiros nos concellos galegos, que estará dispoñible este mesmo mes; ou a posta en marcha da primeira convocatoria centralizada de oposicións para a Policía Local, da que hoxe mesmo se publica no Diario Oficial de Galicia a lista de admitidos para a cobertura das prazas.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia crece 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

Tamén se deu un pulo a outros eidos de gran importancia, como as emerxencias. Así, tense avanzando na comarcalización dos parques de bombeiros e mellorado o financiamento dos GES coa dotación dun millón de euros con fondo propio para este ano.

Neste período de tempo, e xa no ámbito social, a Xunta tamén seguiu asumindo os custes de mantemento da enerxía dos centros educativos, asumiu novos centros de saúde e puxo en marcha a Axenda Social Única.

En definitiva, tratouse dunha etapa frutífera que remata cun balance positivo, tal e como sinalou o vicepresidente da Xunta, que engadiu que o obxectivo agora é seguir traballando para mellorar e chegar a novos acordos.

En concreto, na reunión de hoxe puxéronse diversas cuestións sobre a mesa en canto a liñas de acción futuras, como a colaboración no ámbito da normalización lingüística. Tamén se tratou un ámbito especialmente importante para Galicia, como son os lumes forestais, onde a colaboración entre administracións é vital para obter os mellores resultados. Nesta liña, propúxose un convenio para facer máis asequible aos propietarios a limpeza das coñecidas como faixas secundarias.

Leer más:  El Supremo confirma la condena a 14 años de cárcel a 'El Chicle' por agredir sexualmente a su cuñada menor de edad

- Te recomendamos -