Inicio Galicia Xunta e concello de Mañón colaboran na limpeza de camiños e na...

Xunta e concello de Mañón colaboran na limpeza de camiños e na posta en marcha de rutas de sendeirismo no río Sor

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada do alcalde, Alfonso Balseiro, visitou esta maña o concello


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o concello de Mañón acompañada polo seu alcalde, Alfonso Balseiro, onde ambas administracións colaboraron na limpeza de camiños e na posta en marcha de rutas de sendeirismo do río Sor.

O concello está levando en colaboración co Goberno galego diversas actuacións para poñer en valor o río Sor e o seu entorno como unha zona de importante valor ambiental coa premisa de fomentar a conservación da biodiversidade e o criterio de sostenibilidade que permitan a existencia das múltiples variedades de especies de flora e fauna, segundo indicou a directora xeral. Durante a súa visita, Marta Fernández-Tapias, destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e da veciñanza, xa que os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre