Inicio Galicia Xunta e Concello de Laracha colaboran na mellora e acondicionamento do parque...

Xunta e Concello de Laracha colaboran na mellora e acondicionamento do parque infantil de Paiosaco

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitaron esta mañá acompañados do alcalde de Laracha, José Manuel López Varela, o concello coruñés


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro visitaron esta mañá acompañados do alcalde de Laracha, José Manuel López Varela, as obras de mellora e acondicionamento do parque infantil levadas a cabo grazas á colaboración do Goberno galego e do concello.

Marta Fernández- Tapias indicou que esta actuación conta cunha axuda da Orde de Infraestruturas de máis de 26.000 euros, o que supón o 60% do importe total da obras, e puxo de relevancia a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e as entidades locais para levar a cabo actuacións como esta que benefician directamente á cidadanía galega.

O proxecto contempla a substitución do solado e a instalación de novos xogos infantís, así como a colocación de novo mobiliario urbano, colocando na zoa de xogos un pavimento de seguridade de caucho e na de zona de paso e circulación, un pavimento de formigón autocompactante.

Leer más:  Interceptan a un conductor que se dio a la fuga en Culleredo (A Coruña) tras colisionar con tres coches

A Orde de Infraestruturas de uso público é unha orde de axudas da Xunta que apoia aos concellos galegos para financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos administrativos. Para o ano que vén conta cun incremento nos orzamentos da Vicepresidencia dun 30 por cento.


- Te recomendamos -