Inicio Galicia Xunta e Concello de Cervantes colaboran na rehabilitación da Antiga Escola de...

Xunta e Concello de Cervantes colaboran na rehabilitación da Antiga Escola de Donís para uso veciñal

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, visitaron hoxe este concello lucense, acompañados polo seu alcalde, Benigno Gómez


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, visitaron hoxe o concello de Cervantes, onde indicaron que o Goberno galego colaborará co concello para a rehabilitación da antiga escola unitaria de Donís.

Alfonso Rueda, indicou que esta actuación é froito da colaboración entre varios departamentos e varias administracións co obxectivo de aproveitar unha instalación en desuso dende hai case dez anos para reconvertela e darlle un novo uso para todos os veciños.

Así, grazas ás axudas do Fondo de Compensación Ambiental, levaranse a cabo as obras necesarias para converter a escola nun novo espazo rehabilitado con actividades especialmente dirixidas á xuventude e vinculadas ao medio ambiente, ás actividades de lecer e tempo libre e á natureza.

Este fondo posto en marcha polo Goberno galego no ano 2010 a partires do canon eólico segue beneficiando ano tras ano aos pequenos concellos e aos seus veciños, para que poidan levar a cabo actuacións relacionados con medio ambiente e polo reequilibrio territorial.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre