Inicio Galicia Xunta e Cermi avalían liñas de actuación para avanzar na inserción laboral...

Xunta e Cermi avalían liñas de actuación para avanzar na inserción laboral das persoas con discapacidade

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe unha xuntanza con representantes do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi)


A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago de Compostela un encontro co presidente en Galicia do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi), Iker Sertucha, no que ambas as dúas institucións acadaron o compromiso de reforzar a súa colaboración para avanzar no obxectivo común da inclusión real e efectiva das persoas con discapacidade no mercado laboral.

Incidir no emprego inclusivo e en condicións de igualdade son as dúas ideas que, a criterio da conselleira, deben marcar a colaboración futura coa entidade. O apoio á plena inclusión das persoas con capacidades diferentes é unha prioridade nas actuacións do Goberno galego, removendo os obstáculos que dificulten acadala.

A xuntanza, enmarcada na rolda de contactos que a conselleira mantén coas principais entidades do terceiro sector de Galicia, permitiu afianzar o compromiso que a Xunta mantén con Cermi desde hai anos. Na última década destináronse máis de 45 millóns de euros a programas de emprego; en especial, a apoiar a contratación de traballadores desempregados polas entidades sen ánimo de lucro, así como para a incorporación de axentes de emprego e unidades de apoio para ditas organizacións, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos máis de 200.000 galegos que teñen algunha discapacidade.

A este respecto, a conselleira reiterou o compromiso da Xunta para seguir avanzando, en colaboración con Cermi, para crear unha sociedade na que ter capacidades diferentes non sexa un obstáculo para desenvolver unha vida laboral plena.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre