Inicio Galicia Xunta e CCDR-N acordan reunir á Comunidade de Traballo Galicia-Norte de...

Xunta e CCDR-N acordan reunir á Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal para poñer en marcha o plan post-covid de impulso á cooperación entre ambas rexións

0

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da CCDR-N, Fernando Freire de Sousa, acordaron reunir o vindeiro 22 de xuño, se a situación de emerxencia sanitaria o permite, ao Plenario da Comunidade de Traballo

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal, Fernando Freire de Sousa, acordaron reunir o vindeiro 22 de xuño, se a situación de emerxencia sanitaria o permite, ao Plenario da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal) co obxectivo de lanzar un Plan Post-Covid de Impulso á Cooperación de Proximidade.

O obxectivo do Plan Post-Covíd é dinamizar a cooperación de proximidade, moi afectada polo peche das fronteiras entre España e Portugal. Para iso é preciso establecer estratexias que preparen á Eurorrexión para afrontar xuntos a nova realidade post-Covid-19, afianzando o seu papel e reforzando a súa visibilidade como “área segura e confiable”.

Na mesma liña, outro dos obxectivos do Plan é maximizar os investimentos públicos, actuando conxuntamente para conseguir que os fondos achegados pola Unión Europea presten unha atención especial ás áreas de fronteira, co fin de minimizar o impacto do peche perante a loita contra a pandemia.

Conscientes de que esta crise supuxo un triplo desafío sanitario, económico e social, e constatando as enormes dificultades á cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal que está a provocar o peche das fronteiras, a celebración do Plenario da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e a elaboración deste Plan de Traballo Post-Covid de Cooperación de Proximidade pretende servir á superación dos novos obstáculos.

Outro dos obxectivos do próximo Plenario da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e relanzar un novo Plan de Investimentos Conxuntos (PIC) para maximizar o novo marco orzamentario plurianual da Unión Europea 2021-2027 na área da Eurorrexión. Para apoiar a reactivación económica de ambas rexións resulta imprescindible que se abran os pasos fronteirizos que permitan o tránsito dos traballadores transfronteirizos e de mercadorías. Dos 27 pasos fronteirizos existentes entre Galicia e o Norte de Portugal, só están abertos o que comunica as localidades de Tui e Valença e entre Chaves e Verín, que están a concentrar máis da metade do tráfico entre España e Portugal desde o inicio do estado de alarma. Aínda que 22 dos pasos corresponden á provincia de Ourense, a maior parte son de pouco tránsito, e a circulación concéntrase nos cinco da provincia de Pontevedra.

Polo que, para favorecer a circulación dos traballadores transfronteirizos e de mercadorías, a Xunta solicita que se abran tamén os pasos de Tomiño-Cerveira e de Salvaterra-Monção, xunto coa ponte internacional Ponte Barxas-São Gregorio. Destas peticións fixéronse eco o Presidente da Xunta e o da CCDR-N na reunión telemática que celebraron o pasado xoves e no posterior comunicado conxunto. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre