Inicio Galicia Xunta e agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense colaboran na...

Xunta e agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense colaboran na cuarta campaña de recollida de alimentos

0

A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, entregou hoxe no Banco de Alimentos o recollido ata o momento

A Xunta, a través servizo de Emerxencias, vén de desenvolver xunto con 33 agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia ourensá unha campaña de recollida de alimentos co obxectivo de colaborar coas familias máis necesitadas.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acudiu hoxe ao almacén que o Banco de Alimentos ten na cidade para facerlle entrega ao presidente do Banco de Alimentos de Ourense, Cecilio Santalices, dos alimentos non perecedoiros recollidos ata o momento. Aceite, legumes, pastas, leite son algúns dos alimentos que centos de ourensáns doaron para esta campaña.

Díaz Mouteira agradeceu a extraordinaria solidariedade e xenerosidade dos ourensáns amosada á hora de colaborar na doazón de alimentos para esta campaña, que se desenvolve baixo o lema ‘Por un Nadal feliz para todos’, e destacou o labor desinteresado e altruísta das AVPC en favor dos máis desfavorecidos que por cuarto ano consecutivo promoven esta iniciativa.

O vindeiro día 8 de xaneiro realizarase a segunda entrega co material doado ao abeiro desta campaña.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre