Inicio Galicia A Xunta destaca a mellora da competitividade de Cabomar Congelados a través...

A Xunta destaca a mellora da competitividade de Cabomar Congelados a través da innovación

0

Cabomar Congelados é unha das beneficiarias do programa Innova Peme que en 2017 concedeu 4,7 millóns de euros en axudas para a implementación de plans de innovación en 49 compañías de toda Galicia

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a empresa marinense Cabomar Congelados, dedicada á comercialización de produtos transformados da pesca. A compañía, fundada en 1997 e que emprega a 240 traballadores, comercializa máis de 87 produtos transformados da pesca, entre naturais e refrixerados e produtos precociñados e preparados.

A directora constatou a aposta da empresa pola innovación, que conta con departamento de I+D+i dende o ano 2007 e que obtivo axudas por parte de Gain para realizar cinco proxectos no ámbito do desenvolvemento de novos produtos e a mellora de procesos. Actualmente, a empresa marinense está a desenvolver un plan de innovación, co apoio do programa Innova Peme da Consellería de Economía, Emprego e Industria, cun obxectivo principal: incrementar a súa competitividade nun mercado globalizado como o dos produtos da pesca.

Así, Cabomar Congelados recibiu unha axuda de 136.307 euros a través do programa Innova Peme, para executar un plan de innovación que suporá un investimento total de 272.615 euros, e que prevé a mellora da eficiencia nos procesos organizativos e produtivos; potenciar a innovación tecnolóxica nos procesos a través da incorporación de TIC cara un modelo de empresa máis eficiente seguindo os principios da Industria 4.0; e mellorar o retorno, recursos e capacidade do equipo de I+D da empresa. De feito, grazas ao elevado grao de automatización da empresa conseguiu importantes melloras na súa produtividade, liña na que van seguir avanzando.

Argerey destacou que precisamente o obxectivo desta liña de axudas pioneira é mellorar a capacidade innovadora das pemes galegas como vía para acadar unha maior competitividade e internacionalización. Innova Peme é unha nova liña de apoio da Axencia Galega de Innovación que cubre o 50% dos custos de implementación de plans de innovación por parte de pemes e micropemes galegas. Na súa primeira edición, en 2017, a Xunta de Galicia concedeu 4,7 millóns de euros en axudas, que mobilizarán 9,5 millóns, beneficiando a un total de 49 compañías da Comunidade. Argerey apuntou tamén que a estratexia de I+D+i da compañía encaixa perfectamente coa Estratexia de Especialización Intelixente da Xunta de Galicia (RIS 3) que persegue, no seu primeiro reto, a modernización dos sectores primarios galegos, como a pesca, a través da innovación e, no seu reto 2, potenciar a competitividade da industria galega a través da optimización dos procesos produtivos baixo o concepto de “fábrica do futuro”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre