Inicio Galicia Xóvenes Agricultores non recibe axudas da Consellería do Medio Rural dende 2014

Xóvenes Agricultores non recibe axudas da Consellería do Medio Rural dende 2014

0


O conselleiro do Medio Rural, José González, respondeu hoxe unha pregunta parlamentaria relacionada coa Asociación Profesional de Xóvenes Agricultores e destacou que esta entidade leva dende 2014 sen percibir achegas desta consellería.

En concreto, José González sinalou que durante a época do bipartito máis de 2,5 millóns de euros foron asignados a esta entidade en concepto de axuda e outros 2,3 millóns, nos anos nos que o PP estaba ao fronte do Goberno galego.

O conselleiro aclarou, sen embargo, que durante esta segunda etapa abríronselles diferentes expedientes de reintegro á asociación por incumprimento da finalidade obxecto das axudas. O total do reintegro esixido nestes expedientes ascende a 2.100.912 euros.

Finalmente, o titular de Medio Rural trasladou que organizacións agrarias como o Sindicato Labrego Galego ou Unións Agrarias recibiron desde 2005 achegas por importe de 5,2 millóns e 5,1, respectivamente, fronte aos 2,8 de Xóvenes Agricultores.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre