Inicio Galicia Xornalistas chineses visitan Galicia para coñecer os seus numerosos atractivos no Ano...

Xornalistas chineses visitan Galicia para coñecer os seus numerosos atractivos no Ano do Turismo Unión Europea-China

0

Nunha viaxe promocional organizada por Turismo de Galicia, tiveron oportunidade de participar na Feira do Polbo do Carballiño, visitan amais instalacións de procesado deste produto e mesmo poden experimentar unha xornada de pesca


Un grupo de catro xornalistas chineses visitan estes días a Comunidade galega convidados por Turismo de Galicia para coñecer parte da oferta turística galega e poder transmitirlle á súa audiencia o engado do destino.

Neste ámbito, a axenda dos visitantes está orientada á enogastronomía, de xeito que xa o pasado domingo puideron asistir á Festa do Polbo do Carballiño, xunto á directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. En relación con este produto do mar, os xornalistas chineses tamén visitaron Mugardos e participaron nunha degustación de polbo á mugardesa, un dos pratos máis característicos da cociña relacionada con este cefalópodo en Galicia.

Por outra parte, os visitantes coñeceron unha factoría envasadora do Carballiño e puideron experimentar tamén unha xornada de pesca nun barco dedicado á captura do polbo na contorna da Ría de Arousa. Na súa estadía en Galicia, que se prolonga ao longo de unha semana, os xornalistas se achegan, así mesmo, á cidade de Santiago de Compostela, meta do Camiño de Santiago, e a outros bens declarados Patrimonio Mundial pola Unesco, así como a contornas rurais e urbanas relacionadas en especial co turismo cultural.

Entre os recursos visitados por estes profesionais da comunicación de China tamén se atopa o termalismo, con visitas á cidade de Ourense e a outros centros termais, ademais dunha adega na que descubrir parte da oferta enolóxica galega así como varias praias para gozar do turismo de costa. No remate da súa estadía, o grupo visitará dous pazos e os seus xardíns incluídos na Ruta da camelia e, a continuación, partirán ao seu país de orixe.

Presenza en AsiaEsta viaxe prodúcese precisamente no Ano do Turismo Unión Europea-China, unha oportunidade para Galicia neste importante mercado emerxente, motivo polo que nos últimos meses o Goberno autonómico ten intensificado o seu labor de promoción no país asiático. Á participación en diversas feiras e foros como o certame China International Travel Mart (CITM), súmase a viaxe institucional en 2017 que posibilitou o establecemento de contactos con representantes da Administración de Turismo de China (CNTA) e da súa principal axencia de viaxes online, o xigante Ctrip, que realizou unha acción promocional en internet.

A Estratexia do turismo de Galicia 2020 ten entre os seus obxectivos a internacionalización da Comunidade como destino, eido no que a evolución nos últimos anos é moi salientable. De feito, en 2017 os viaxeiros internacionais acadaron un peso do 28,7% , unha cifra récord.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre