Inicio Galicia Visto e prace de Patrimonio ao proxecto de humanización da rúa García...

Visto e prace de Patrimonio ao proxecto de humanización da rúa García Barbón, agás no ámbito da rotonda de Isaac Peral

0

A Dirección Xeral conclúe que non está xustificado o traslado do monumento a García Barbón, xa que conta con protección integral no Plan Xeral de Ordenación

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, vén de autorizar ao Concello de Vigo as obras de humanización da rúa García Barbón, agás no ámbito da rotonda de Isaac Peral. Concretamente, e respecto ao traslado do monumento a García Barbón, os técnicos do departamento conclúen que non está xustificada a intervención sobre este elemento que conta con protección integral no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Tras o estudo do expediente, os servizos técnicos de Patrimonio de Pontevedra acordaron informar favorablemente as obras, que consideran compatibles coa conservación do ben patrimonial, aínda que as condicionan a realización dun proxecto de sondaxes valorativas. Unha intervención arqueolóxica cuxos resultados deberán ser presentados para a súa autorización pola Dirección Xeral xa que á vista dos mesmos poderán modificarse as condicións da autorización das obras.

Leer más:  El PSOE de Santiago recuerda a BNG y CA su responsabilidad en el bloqueo de Peleteiro y afirma que estará en la solución

En consecuencia, as obras non poderán empezar en tanto non se reciba o correspondente permiso. Asemade, dado a potencialidade arqueolóxica da zona, no transcurso das obras prevese levar a cabo o control arqueolóxico de todas as accións que impliquen algún tipo de movemento de terra na área de protección do xacemento romano do Areal.

Segundo recordan desde a Dirección Xeral, a zona onde o Concello de Vigo solicita actuar atópase no ámbito do xacemento do Areal, polo tanto é unha zona con alta potencialidade arqueolóxica e, en consecuencia, figura recollido nas fichas normativizadas do Patrimonio Cultural de Galicia.


- Te recomendamos -