Inicio Galicia Vinte proxectos da comarca de Santiago recibiron máis de 1,7M? do...

Vinte proxectos da comarca de Santiago recibiron máis de 1,7M? do programa Leader 2018-2019 para crear emprego e dotar de servizos ao rural

0

Ovidio Rodeiro visitou as instalacións do Hostal Gastronómico Vilachán en Negreira que contou cunha achega de 165.000 euros destas axudas


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, destacou hoxe en Negreira o compromiso da Xunta de Galicia con este concello no que investiu máis de 4M€ a través dos distintos programas, axudas e actuacións que se executaron no ano 2018. O representante do goberno autonómico destacou que todos os municipios son prioritarios e por iso a Xunta está presente tanto a través do apoio directo aos concellos, como a través da mellora das infraestruturas públicas como apoiando a iniciativa privada.

Ovidio Rodeiro realizou estas declaracións durante a visita a actuación que se levou a cabo no Hostal Gastronómico Vilachan, que recibiu unha achega de 165.000 euros e mobilizou 419.000 euros. A finalidade do proxecto foi a creación de 10 prazas de aloxamento, a creación dunha área gastronómica con capacidade para 38 persoas, a construción dun salón gastronómico e a creación dunha zona infantil e un aparcamento.

O representante do goberno autonómico aproveitou o encontro para facer balance das axudas da Consellería de Medio Rural, xestionadas polo Agader, para a comarca de Santiago do programa Leader para os anos 2018-2019. O Leader é un conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 que se xestionan a través dos GDR (Grupos de Desenvolvemento Rural) que teñen como obxectivo financiar proxectos para fixar poboación e xerar riqueza no rural. No conxunto de Galicia, os 24 grupos de desenvolvemento rural dispuxeron dun total de 17,5 millóns de euros na convocatoria 2018-2019.

O delegado territorial da Xunta apuntou que “neste momento na comarca de Santiago se están apoiando 16 proxectos do ámbito de iniciativa privada e asociativo, así como 4 promovidos desde entidades públicas, concretamente polos concellos Brión, Ordes, Tordoia e Trazo. O importe destas axudas na comarca ascenden a algo máis de 1,7M€ e están mobilizando un investimento que supera os 4M€”.

Ovidio Rodeiro explicou que estes fondos van destinados a persoas físicas e xurídicas de carácter privado, entidades públicas de ámbito local, asociacións, entidades e comunidades de montes vecinais. As entidades encargadas de xestionar estas subvencións son os GDR e teñen como obxectivo os proxectos non produtivos dotar de servizos e equipamentos aos concellos que permitan mellorar a calidade de vida no rural e fixar poboación e os produtivos diversificar económicamente e modernizar a producción e animar a creación de emprego no medio rural.

O pasado mes de decembro abriuse a nova convocatoria cun orzamento das axudas superior aos 16,5 millóns de euros en dúas anualidades (6,6 millóns para 2019 e 9,9 para 2020) están cofinanciadas nun 75% polo Feader, nun 2,5% pola Administración xeral do Estado e nun 22,5 % pola Xunta. O crédito está xa previamente distribuído entre os grupos de desenvolvemento rural seleccionados no marco do PDR de Galicia 2014-2020. Aínda que o prazo de presentación de solicitudes é permanente durante todo o período de execución do Leader, concorrerán a esta convocatoria aquelas presentadas ata o 31 de marzo de 2019.

Balance NegreiraO representante do Goberno Autonómico referiu ao importante esforzo inversor da Consellería de Medio Rural no concello de Negreira que ascendeu a máis de 1,8M€ euros sendo as achegas principais as axudas da PAC (1 M€), as partidas do Leader (277.000 euros), a concentración parcelaria (277.000 euros) e o plan de camiños municipais (54.000 euros).

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destinou máis de 942.000 euros en obras de reforzo de firmes e a Consellería de Economía, Emprego e Industria tamén realizou un gran esforzo inversor neste municipio no 2018, chegando a un investimento total de máis de 485.000 euros nos distintos programas de formación e fomento do emprego.

Outra das partidas importantes que recibiu este concello foi o Fondo de Cooperación Local que supera os 355.000 euros. Este fondos se transfiren directamente aos gobernos locais para que fagan un uso non finalista e para que sexan xestionados e tramitados por eles mesmos. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza tamén destinou 26.000 euros a través do seu programa de apoio aos CIM e aportou máis de 70.000 euros para a renovación da iluminación das rúas Nelson Mandela e Xulián Magariños..

Igualmente Ovidio Rodeiro resaltou o apoio ás políticas sociais coas achegas de axuda a domicilio e de RISGA de máis de 133.000 euros que beneficiaron a 46 usuarios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre