Inicio Galicia Vinte desempregados da comarca de Monterrei participan no obradoiro dual ?Támega V?...

Vinte desempregados da comarca de Monterrei participan no obradoiro dual ?Támega V? que ofrece formación en albanelería e xardinería

0

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta iniciativa de emprego que conta cun investimento da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 289.000 euros

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, está a desenvolver o obradoiro de emprego Támega V, que comparten os concellos de Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro, Oímbra, Vilardevós e Laza. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta mañá esta iniciativa de emprego na que 20 desempregados achegados dos concellos participantes contan cun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses para especializarse en fábricas de albanelería e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. Para o seu desenvolvemento, o Goberno galego achega 288.807 euros.

Na visita, Díaz Mouteira indicou que os obradoiros forman parte do compromiso da Xunta coa formación, xa que, segundo a delegada territorial, é a chave que pode abrir as portas a un futuro de oportunidades laborais. Así referiuse á principal novidade da modalidade dual dos obradoiros que permite que parte dos seus participantes conten, unha vez finalizado o período inicial de nove meses, cun contrato en prácticas de polo menos tres meses máis nunha empresa emprazada na zona, e cunha actividade vinculada ás materias nas que se están formando.

Este tipo de programas mixtos de formación e emprego céntranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitan un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a posterior inserción laboral das persoas desempregadas que o realizan. Tamén posibilitan que os participantes ademais de recibir formación tamén perciban o salario mínimo interprofesional.

A delegada territorial subliñou que os obradoiros trátanse dunha iniciativa, enmarcada na Axenda 20 para o Emprego, que o Goberno galego leva a cabo en colaboración cos concellos e que, polo tanto, fomenta a cooperación institucional. Durante os nove meses de duración deste programa mixto de formación e emprego o alumnado desenvolverá, entre outros, traballos de limpeza e axardinamento de áreas recreativas e parques, acondicionamentos de fontes e edificacións municipais e creación de parques infantís. Así, entre as actuacións previstas está o acondicionamento da escola da Retorta, no concello de Laza, para convertelo en Albergue; en Vilardevós proxectase o acondicionamento da primeira planta da antiga Cámara Agraria; no municipio de Castrelo do Val axardinarase a área recreativa As Parras e o Terrón; en Cualedro crearanse parques infantís en Carzoa e Atas, ademais de acondicionar para local social un alpendre en Lucenza; en Monterrei reconstruirase o muro perimetral na capela de San Sebastián; e, por último, en Oímbra actuarase nas áreas recreativas do Rabal e San Ciprián.21 obradoiros na provinciaA Consellería de Economía, Emprego e Industria impulsa na provincia de Ourense un total de 21 obradoiros nos que inviste 5,6 millóns de euros e que beneficiarán a 402 persoas en situación de desemprego. Dos 21 programas mixtos, 18 son duais e o resto, son específicos para menores de 30 anos, unha iniciativa que forma parte do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para seguir impulsando o emprego entre a mocidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre