Inicio Galicia Vilamarín, Bueu, Cedeira e o Liceo de Ourense acollen as propostas de...

Vilamarín, Bueu, Cedeira e o Liceo de Ourense acollen as propostas de dinamización lingüística da Xunta

0

‘Rosa Caramelo e outras historias’ chega da man de Talía Teatro no marco do programa ‘FalaRedes’


Os concellos de Vilamarín, Bueu, Cedeira e o Liceo de Ourense acollen durante esta fin de semana as propostas de dinamización lingüística da Xunta en entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL), por medio da Consellería de Cultura e Turismo. Como é habitual nos programas de actividades para a RDL, a entrada a todas as actividades é libre e de balde ata completar a capacidade das salas. Toda a información e calendario están dispoñibles no Portal da Lingua Galega e na Axenda de Cultura de Galicia.

Da man da coñecida compañía Talía Teatro chega Rosa caramelo e outras historias a Vilamarín (no Centro Cultural, o sábado ás 17,00 horas) e a Bueu (no Centro Social do Mar, o domingo ás 18,00 horas) no marco do programa FalaRedes, dirixida ao público familiar con cativada de catro a oito anos. Inspirada nos contos da italiana Adela Turín, pioneira na investigación da literatura infantil e xuvenil desde a perspectiva de xénero, afonda nos roles e estereotipos para contribuír a desmontar prexuízos sobre aptitudes e actitudes de homes e mulleres e dinamizar o uso da lingua galega na familia.

Interpretada por Artur Trillo e Fernando Fraga baixo a dirección de Paula Carballeira, as historias da elefanta Margarida, Os bonobos con lentes, Unha feliz catástrofe e Artur e Clementina poderanse gozar durante o outono noutras once localidades: Ordes, Laxe, Monforte de Lemos, Mondoñedo, Viana do Bolo, Negreira, Lalín, Trazo, Burela, O Porriño e Vilagarcía de Arousa.‘Cinco minutos sen respirar’O Liceo de Ourense (o sábado 12 de outubro, ás 20,00 horas) e o Auditorio Municipal de Cedeira (o domingo 13, ás 19,00 horas) acollen a peza teatral Cinco minutos sen respirar, unha das propostas da campaña Nós contra a violencia, posta en marcha pola Xunta de Galicia, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e da Igualdade, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Ata novembro, chegará tamén aos concellos da Coruña, Celanova, Ribadavia, Sanxenxo, A Pobra do Caramiñal e Valga.

A proposta, inspirada na homónima do venezolano Gustavo Ott, navega polos temas do amor, do suicido, da familia, da violencia e da necesidade humana de imaxinar historias para fuxir da realidade a través do diálogo de dous personaxes: Víctor, o supervisor dun supermercado, e Margarita, unha exempregada de banco á que acaban de despedir e que está fuxindo dunha relación tormentosa que se vai dando a coñecer pouco a pouco entre decenas de citas literarias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre