Inicio Galicia Vigo acollerá o III Congreso Internacional A prevención e la seguridade industrial...

Vigo acollerá o III Congreso Internacional A prevención e la seguridade industrial 4.0 os vindeiros 14 e 15 de novembro

0

Expertos de prestixio ofrecerán unha visión global da prevención e da seguridade nun contexto de profundo cambio nos modelos produtivos e procesos da dixitalización


Expertos de recoñecido prestixio internacional daranse cita os vindeiros 14 e 15 de novembro no III Congreso Internacional A Prevención e a seguridade industrial 4.0. Organizado pola Xunta, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) e a Asociación de Profesionais de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (APROSAL), afondará sobre o desafío da incorporación das novas tecnoloxías ás actividades empresariais e industriais en materia de prevención de riscos laborais e seguridadeCun enfoque humanista e participativo, os relatores ofrecerán unha visión global da prevención e da seguridade nun contexto de profundo cambio nos modelos produtivos e procesos de dixitalización. Así, abordaranse todas as temáticas de seguridade 4.0 aplicadas non soamente aos grandes sectores desta cidade, como a automoción ou o naval, senón tamén ás súas empresas auxiliares, ás pemes e ao emprego autónomo. O obxectivo, tal e como sinalou Alfonso Pérez Santiago, Xefe do centro ISSGA – Pontevedra, é “dar resposta a estas novas formas de traballo que, sen dúbida, teñen como consecuencia novos riscos e a necesaria adopción de novas medidas protectoras e preventivas para as persoas”.

Pola súa banda, durante a presentación, que contou coa asistencia de Jorge Cerqueiro Pequeño, vicepresidente do CGETI, y Carlos Martínez Corral, presidente de APROSAL, o secretario territorial da Delegación da Xunta en Vigo, Alfonso Rubio, remarcou que nunha materia de tanta importancia e sensibilidade “é preciso remar todos na mesma dirección e cara a unha meta común, que non é outra, que a mellora progresiva das condicións de traballo e a integración da prevención dos riscos laborais”.

Neste contexto, Rubio subliñou a necesidade de fortalecer a implicación das institucións e de todos os actores implicados na mellora da seguridade e saúde laboral, así coma reforzar a colaboración na difusión da prevención de riscos laborais.

A organización deste congreso enmárcase na Estratexia Galega de Seguridade e Saúde Laboral (EGSST), acordada pola Xunta de Galicia cos interlocutores sociais, Axenda 20 para o Emprego e a Axenda Industria 4.0.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre