Inicio Galicia Vicepresidencia colabora na mellora da rede de saneamento procedente do polígono industrial...

Vicepresidencia colabora na mellora da rede de saneamento procedente do polígono industrial de Agolada a través dunha axuda do Fondo de Compensación Ambiental

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou hoxe o municipio para comprobar os traballos efectuados na área empresarial de Merlín


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Agolada co obxectivo de analizar, xunto ao alcalde da localidade, Ramiro Varela, os proxectos executados a través do Fondo de Compensación Ambiental da Consellería de Presidencia que permitiron levar a cabo a derivación da rede de saneamento procedente do polígono industrial de Merlín.

Deste xeito, Agolada destinou case 40.000 euros a este proxecto, dos cales foron subvencionados o 80% (32.000 euros), co obxectivo de ampliar a capacidade de drenaxe das augas residuais da área industrial, evitando así problemas medioambientais e de desbordamento.“O sistema de tratamento de augas residuais deste concello atopábase saturada na súa conexión debido a que augas procedentes do polígono industrial canalizábanse a través das conexións existentes que recollían as augas do núcleo urbano”, explicou Cores Tourís. “Ademais, tamén detectouse que a raíz do incremento de instalacións empresariais no polígono e da ampliación do mesmo na súa segunda fase, víase comprometida a capacidade de drenaxe ou de paso destas augas co conseguinte desbordamento e risco para as canalizacións existentes por sobrecarga. Estas obras permitirán solucionar esta situación”.

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

Os traballos supuxeron a instalación da conexión dunha nova canalización directa que recolle os subminístroos do polígono y da súa ampliación, levando a cabo a súa condución directa sen pasar pola canle do núcleo urbano (do que depende o 505 do total dos veciños do termo municipa, é dicir, unas 1.250 habitantes) ate a estación depuradora, evitándose así desbordamentos e contaminación ambiental. O delegado territorial da Xunta de Galicia recordou que a Xunta destinou no presente ano, a través das novas ordes de Infraestruturas e Fondo de Compensación da Consellería de Presidencia para este ano, un total de 13 millóns de euros, superando os 11 aprobados no ano 2017.

O Fondo de Compensación Ambiental é unha iniciativa que o Goberno da Xunta puxo en marcha en 2010 e que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.

Ademais, este Fondo reflicte un triplo compromiso da Xunta: co medio ambiente -está dirixido a actuacións ambientais-, coas facendas locais, xa que representa un importante ingreso para as arcas municipais; e por último co reequilibrio territorial, xa que a maioría dos concellos beneficiados atópanse en zonas rurais do interior de Galicia.

Leer más:  Alerta amarilla en toda la costa gallega este viernes por oleaje

- Te recomendamos -