Inicio Galicia Vázquez Mejuto reitera que unha reforma lexislativa é a solución duradeira e...

Vázquez Mejuto reitera que unha reforma lexislativa é a solución duradeira e eficaz para rematar coas ocupacións e coa sensación de impunidade ao redor deste fenómeno

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que a Xunta leva meses pedindo ao Goberno que se involucre nesta medida, dado que ten as competencias para impulsar a reforma

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, lembrou esta tarde no Parlamento galego que a reforma lexislativa, que vén reclamando o Goberno galego nos últimos meses, é a solución duradeira e eficaz non só para rematar cos casos de ocupacións senón tamén coa sensación de impunidade que se xera ao redor deste fenómeno.

A conselleira interviu no Pleno do Parlamento para dar conta das medidas e xestións realizadas polo departamento que dirixe para frear a ocupación ilegal de vivendas en Galicia, onde reiterou a importancia de que o Goberno central se involucre e emprenda as reformas lexislativas que axuden a asumir esa situación; pois “ten as competencias para impulsar as reformas necesarias”.

Explicou que esta postura foi traslada en xuño ao Ministerio no seo da Conferencia Sectorial de Vivenda, reiterada ao delegado do Goberno en Galicia, nunha reunión na que tamén se brindou a posibilidade de crear unha Comisión bilateral para establecer canles de diálogo e colaboración para o seguimento das ocupacións e trasladada tamén ao fiscal xefe de Galicia.Ángeles Vázquez destacou que non só analizou esta problemática coas distintas institucións, senón tamén cos expertos e entidades afectadas polo fenómeno da ocupación ilegal de vivendas, como as diferentes asociacións de veciños de toda a comunidade ou expertos en dereito penal da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e da Universidade de Castela– A Mancha.

Salientou que tamén se propuxeron medidas como as trasladadas ao Observatorio Galego da Vivenda, que consisten na posta en funcionamento dun teléfono de atención ao cidadán para a información e o asesoramento legal aos propietarios e a realización dun Mapa de Vivendas Ocupadas en Galicia, o que permitirá ter datos reais sobre o fenómeno da ocupación e atallar este problema.

Incidiu que en o fenómeno das ocupacións vai máis alá das cifras ou das estatísticas; senón que teñen unha compoñente social moi marcada. “Esa é a verdadeira preocupación da Xunta, ás persoas que están detrás de cada número e as consecuencias que ten para a súa vida”, explicou.

A conselleira destacou que o foco debe poñerse sobre o conflito social que se hai tras cada vivenda ocupada, unha situación que afecta ás familias que se ven afectadas, así como aos veciños próximos, que sofren as consecuencias na súa vida e os problemas de convivencia que xera.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre