Inicio Galicia Varios centros penitenciarios e entidades sociais participan en actividades para a reutilización...

Varios centros penitenciarios e entidades sociais participan en actividades para a reutilización de aparellos electrónicos

0

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organiza varios talleres formativos sobre a axeitada xestión destes residuos e cunha marcada orientación socio laboral


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda invitou a varios centros penitenciarios e entidades sociais a participar nos talleres formativos para a preparación para a reutilización de aparellos eléctricos e electrónicos. A primeira actividade ten lugar hoxe nas instalacións do CRD Medelo de Silleda, onde 14 usuarios dos centro recibirán información sobre a axeitada xestión deste tipo de residuos.

Así, ata decembro, celebraranse un total de 9 talleres en cinco entidades sociais dedicadas á persoas con discapacidades e catro centros penitenciarios, onde se celebrarán estas actividades baixo a denominación Os residuos como oportunidade RAAE.

O inicio do taller no CRD Medelo terá continuidade co taller no centro Aspanane (29/11/2018), o da Asociación de discapacitados activos A Xanela (30/11/2018), no CRD Mos (10/12/2018) e en Aspronaga (11/12/2018). Asemade, no mes de decembro, celebraranse os talleres nos centros penitenciarios de Monterroso, Teixeiro, Pereiro e A Lama.

Estas accións teñen unha clara vertente ambiental, para a redución de residuos, nas que se explicará a importancia da prevención, a correcta xestión dos residuos unha vez xerados, así como o impacto ambiental asociado, tanto na produción deste aparellos, como cando pasan a ser residuos (RAEE). A outra vertente é a socio-laboral, xa que a formación que reciben pode servir como orientación básica cara a unha saída profesional para ambos colectivos como grupos cunha maior dificultade de inserción laboral.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

Os participantes recibirán unha serie de sesións orientativas nas que se incidirán na formación en materia de xestión e preparación para a reutilización destes residuos xerados a raíz dos aparellos eléctricos e electrónicos.

Actualmente, en Galicia xéranse un total de 54.000 toneladas ao ano deste tipo de residuos, o que supón unha media de 20 quilos de residuos por persoa. Gran parte dos mesmos, poderían regresar ao ciclo produtivo aplicando un programa de preparación para a reutilización que contemple a súa comprobación, limpeza e reparación, de xeito que se permita a reutilización destes elementos sen ningunha outra transformación previa. Na actualidade, o sector de xestión de residuos representa un 27% do total catalogado coma Emprego Verde. Estímase que unhas 1.000 toneladas de RAEE xeren uns 200 postos de traballo na procura da súa preparación para a reutilización.

Por último, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no marco de actividades previstas no Plan de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA), está a elaborar un programa formativo específico destinado aos axentes implicados na xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e outras figuras. Esta iniciativa busca xerar conciencia sobre a necesidade de preparar para reutilizar todos aqueles compoñentes de aparellos eléctricos e electrónicos desbotados que poidan ter unha nova vida, reducindo así a cantidade de residuos industriais xerados na Comunidade galega e posibilitando a apertura de novas oportunidades laborais.

Leer más:  Interceptan a un conductor que se dio a la fuga en Culleredo (A Coruña) tras colisionar con tres coches

- Te recomendamos -