Inicio Galicia Valentín García participa no acto de entrega dos XV Premios á Calidade...

Valentín García participa no acto de entrega dos XV Premios á Calidade Lingüística

0


Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2020.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe no acto de entrega dos XV Premios á Calidade Lingüística que convoca a Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Os galardóns abranguen o recoñecemento de aspectos lingüísticos, de estruturación da información, de redacción, de deseño e de coherencia no emprego da lingua galega en traballos académicos. O acto celebrouse na Facultade de Xeografía e Historia e foi presidido polo reitor, Antonio López.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre