Inicio Galicia Valentín García participa na entrega do premio á promoción do galego na...

Valentín García participa na entrega do premio á promoción do galego na USC a Gómez Segade

0


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no acto de entrega do II Premio Luís Porteiro Garea ao catedrático emérito de Dereito Mercantil Xosé Antón Gómez Segade, pola súa promoción do uso do galego na universidade compostelá, concedido por unanimidade do xurado polo seu compromiso "coa lingua na súa vocación de creador e, sobre todo, de transmisor do coñecemento do dereito, especialmente no eido da propiedade intelectual, onde goza dun enorme prestixio e proxección internacional”. O galardón lembra a figura do profesor da cátedra de dereito civil e membro das Irmandades da Fala Luís Porteiro Garea, quen pronunciou tal día coma hoxe en 1915 no Paraninfo da Universidade a primeira lección en galego de que se ten constancia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre