Inicio Galicia Valentín García celebra o aumento das teses en galego na presentación dos...

Valentín García celebra o aumento das teses en galego na presentación dos volumes ?O bispado de Mondoñedo na Idade Media'

0
image_gallery.jpg

Os tomos, que contan co apoio da Xunta de Galicia, forman parte da tese de doutoramento de Carlos Andrés González Paz, investigador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe no Centro Sociocultural de Alfoz na presentación dos dous volumes O bispado de Mondoñedo na Idade Media. Territorio, comunicade e poder, un traballo do investigador Carlos Andrés González Paz que se publica co apoio da Xunta de Galicia.

Valentín García explicou que este libro se vén sumar “á crecente lista de teses de doutoramento que se defenden e se publican en galego, o que permite que os lectores especialistas poidan acceder a traballos rigorosos e de interese neste idioma”. Precisamente, subliñou que o emprego da nosa lingua “resulta especialmente acaído cando falamos de estudos centrados na nosa propia comunidade autónoma”, como é o caso do presentado hoxe.

Xunto co representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o autor da obra, interviñeron no acto Jorge Val Díaz, alcalde do Concello de Alfoz; Vidal Martínez-Sierra López, presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural 1 Terras de Miranda; Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, e Carlos Valiñas Pérez, profesor de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Territorio, comunidade e poderO bispado de Mondoñedo na Idade Media. Territorio, comunicade e poder é a tese de doutoramento do investigador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento Carlos Andrés González Paz, que publica o CSIC co apoio da Xunta de Galicia. Componse de dous volumes dedicados a expoñer os resultados dunha exhaustiva pescuda documental, unha minuciosa selección bibliográfica e unha investigación aberta a novas perspectivas multidisciplinares arredor da rexión mindoniense entre os séculos IX e XIII.

O traballo aborda nos seus tres primeiros capítulos a cuestión do territorio, ocupándose tanto do proceso de construción histórica do bispado de Mondoñedo coa finalidade de obter unha delimitación fiable da súa extensión, coma do medio natural, factor esencial que inflúe, condiciona ou determina diferentes facetas da existencia na súa interacción co elemento humano. Nos tres capítulos seguintes, céntrase na comunidade, o que inclúe o estudo da realidade socioeconómica dos hábitats rural e urbano. O derradeiro capítulo, dedicado ao poder, ocúpase da análise das comunidades monásticas pola súa salientable difusión e proxección espacial e a súa transformación en institucións de dominio político, social, económico ou relixioso.

Carlos Andrés González Paz é licenciado con grao en Humanidades pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén se doutorou en Historia Medieval, así como especialista en Historia Medieval e do Renacemento pola Universidade do Porto (Portugal). As súas liñas de investigación céntranse na organización socioeconómica do territorio, a historia relixiosa –diocesá e monástica– de Galicia, a historia social das mulleres e a socioloxía histórica das peregrinacións cristiás.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre