Inicio Galicia Urxencias sanitarias de Galicia-061 renova o Selo de Excelencia Europea 400+ polo...

Urxencias sanitarias de Galicia-061 renova o Selo de Excelencia Europea 400+ polo seu compromiso coa calidade na xestión

0

O recoñecemento do Selo 400+ ten validez para os próximos tres anos


A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, organismo dependente da Consellería de Sanidade, vén de renovar o Selo de Excelencia Europea 400+, outorgado polo Club de Excelencia en representación da Fundación Europea para a Xestión da Calidade (EFQM). Trátase dun recoñecemento á calidade, rigor e compromiso na prestación do servizo de urxencias e emerxencias extrahospitalarias en Galicia que ten validez para os próximos tres anos; data na que haberá de volverse a avaliar para determinar a puntuación que lle corresponde.

A renovación do Selo 400+ realizouse tras unha avaliación externa realizada no mes de setembro polos auditores do Club Excelencia en Xestión e da entidade de certificación Aenor. A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 obtivo unha puntuación comprendida entre os 450 e os 499 puntos segundo os criterios do Modelo EFQM de Excelencia.Único servizo autonómico co Selo 400+A avaliación realizada subliñou o bo nivel de excelencia na xestión da organización, como destacan as puntuacións acadadas nos resultados e na súa xestión innovadora. Outros valores destacados do 061 de Galicia foron a competencia e o compromiso dos seus profesionais. Deste xeito, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 continúa a ser o único servizo autonómico de atención ás urxencias e emerxencias extrahospitalarias que supera os 400 puntos a nivel estatal.

Leer más:  Un fuego arrasa 20 hectáreas en Oímbra, Ourense, y el incendio en Crecente, Pontevedra, se mantiene bajo control

Coa renovación do selo 400+, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 reforza o compromiso que vén mantendo coa implantación gradual da cultura da excelencia. Comezou no ano 1999 coa definición do Plan Estratéxico e os obxectivos que impulsan o mesmo e, ao longo destes anos, realizáronse seis autoavaliacións nas que o 061 de Galicia foi incrementando a puntuación obtida en cada unha delas. Así, pasou de obter e renovar o Selo 300+ a obter o 400+ na avaliación realizada no ano 2016.

O sistema de avaliación e recoñecemento do EFQM constitúe hoxe en día unha das acreditacións de maior relevancia e prestixio, no ámbito público e privado, a nivel internacional. Para os próximos anos, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 está a consolidar e avanzar no nivel de excelencia alcanzado de cara á obtención do Selo 500+, mantendo sempre ao usuario como o punto de referencia do seu compromiso coa mellora continua cara á excelencia.


- Te recomendamos -