Inicio Galicia Urxencias Sanitarias de Galicia-061 condena firmemente as sabotaxes contra os recursos do...

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 condena firmemente as sabotaxes contra os recursos do servizo público galego de urxencias e emerxencias na primeira convocatoria de folga

0

Rexistráronse 69 ambulancias con picadas nas rodas e máis de vinte vehículos con danos

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 condena firmemente as sabotaxes e actos vandálicos producidos ao longo da primeira convocatoria de xornadas de folga contra os recursos do servizo público galego de urxencias e emerxencias sanitarias. Esta convocatoria, que tivo lugar entre os días 8 e 11 de febreiro, rematou con 69 ambulancias asistenciais de soporte vital básico e avanzado con picadas nas rodas e con máis de vinte vehículos que rexistraron diferentes accións vandálicas como pintadas e cristais rotos, entre outras.

Cómpre subliñar que Urxencias Sanitarias de Galicia-061, como servizo encargado do transporte sanitario urxente extrahospitalario na Comunidade autónoma, ten a consideración de servizo esencial para a poboación e, polo tanto, os servizos mínimos establecidos durante as convocatorias de folga son do 100 %.

A convocatoria de folga enmárcase no contexto da falta de acordo na negociación polo convenio colectivo entre a patronal e os técnicos en emerxencias sanitarias que realizan o servizo de transporte sanitario urxente e non urxente en Galicia.

Así, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recorda novamente que está a traballar de forma responsable e comprometida para garantir a cobertura sanitaria ás urxencias e ás emerxencias e prestar a mellor asistencia sanitaria urxente, sen que accións como estas prexudiquen a calidade da asistencia e os cidadáns non se vexan privados do seu dereito a recibir a asistencia sanitaria máis adecuada ás súas necesidades.

Avances no novo procedemento de contrataciónPor outra banda, o Diario Oficial da Unión Europea publicou, o martes 5 de febreiro, o anuncio de información previa para a contratación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre. Este anuncio adianta o procedemento para a contratación deste servizo que ten como data límite prevista de adxudicación o mes de outubro deste ano.

Ademais, a semana pasada, representantes da Consellería e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mantiveron encontros cos responsables de transporte sanitario de UCT, CCOO, CIG para tratar aspectos significativos do procedemento para a contratación do servizo relativos ás cláusulas sociais. As reunións serviron para coñecer os motivos das convocatorias de folga.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre