Inicio Galicia Unha quincena de mozas e mozos galegos marchan ao Xapón para realizar...

Unha quincena de mozas e mozos galegos marchan ao Xapón para realizar un intercambio internacional promovido pola Xunta

0

Os participantes viaxarán á prefectura de Wakayama e contarán con aloxamento en réxime de pensión completa, transporte no ámbito do intercambio e actividades organizadas pola entidade de acollida


Unha quincena de mozas e mozos galegos partirán o luns ao Xapón para participar nun intercambio xuvenil no marco do programa A Xuventude no Mundo impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ao abeiro das relacións bilaterais que mantén con distintas entidades noutros países. O obxectivo é facilitar o coñecemento doutras realidades socioculturais e lingüísticas, así como favorecer e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais.

Así, os participantes da iniciativa, mozas e mozos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, viaxarán a Prefectura de Wakayama, no país nipón. O intercambio cubre o aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple, o transporte no ámbito do intercambio e as actividades organizadas pola entidade de acollida.

Neste senso, a Xunta aposta por facilitarlle experiencias no estranxeiro á mocidade galega co fin de mellorar as súas habilidades, as súas competencias lingüísticas e os seus coñecementos sobre outros estilos de vida e culturas. Esta aprendizaxe e implicación activa serviralles para a súa vida persoal pero tamén para mellorar a súa empregabilidade. Por iso, ademais deste intercambio, a comezos de setembro outras 20 persoas participarán nunha actividade semellante en Venecia, Italia.

Patrimonio da HumanidadeAs dúas cidades escollidas para esta experiencia teñen o recoñecemento de Patrimonio da Humanidade. O intercambio na de Wakayama ten por lenda O Camiño Kumano Kodo. As actividades previstas son percorrer un tramo da ruta Kumano Kodo, visitar lugares tradicionais da cultura xaponesa, encontros con mozos e mozas nipóns e aloxamento durante catro días con familias do lugar.

A irmandade entre Galicia e a rexión de Wakayama aprobouse en 1998 e, desde entón, foron varios os programas conxuntos que desenvolveron, sobre todo centrados no turismo e na cultura. Esta será a 17ª experiencia de intercambio xuvenil entre a Xunta e a Prefectura de Wakayama, sumando un total de 275 participantes.

Pola súa banda, o intercambio de Venecia terá lugar do 2 ao 9 de setembro de 2019. As persoas participantes visitarán a Basílica e a praza de San Marcos, o Pazo Ducal, as illas de Murano e Burano, o Teatro La Fenice e o Museo de Historia Natural. Tamén realizarán encontros con mocidade veneciana e unha cea intercultural.

Este será o terceiro intercambio entre a Xunta e a entidade Polo Técnico Profesionais I.

S.

S. de Venecia, que suma ata o día de hoxe 60 participantes desde 2018.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre