Inicio Galicia Unha nova barreira estética, de cor branca e perfil circular, embelece a...

Unha nova barreira estética, de cor branca e perfil circular, embelece a ponte de Portomarín, punto de entrada á vila para os peregrinos do Camiño Francés

0

Tamén se repintou a varanda da ponte, renováronse as xuntas de dilatación e limitouse a velocidade máxima neste punto tan transitado para mellorar a estética e seguridade deste espazo


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ultima a colocación dunha nova barreira na ponte de Portomarín, que substitúe ao petril de contención convencional encargado de separar os espazos reservados para o tráfico peonil e de vehículos.

A nova varanda, de perfil circular e cor branca, ofrece unha mellor integración estética que a súa antecesora, o que contribúe a embelecer esta ponte que serve de punto de acceso dos peregrinos que se achegan á localidade polo Camiño Francés.

Nese mesmo espazo, a Xunta tamén acometeu a rehabilitación e repintado da varanda da ponte e das luminarias. Ademais reduciu a velocidade límite a 40 km/hora como medida de seguridade adicional para os peregrinos que a pé, en bicicleta ou a cabalo percorren este espazo. Os traballos completáronse coa renovación das xuntas de dilatación da calzada da ponte o que supuxo un investimento conxunto de 135.100 euros.

Estase a estudar tamén a idoneidade de aplicar un tratamento na superficie das beirarrúas de xeito que se complete a renovación estética e funcional dos principais elementos da ponte.

Construirase, ademais, unha senda peonil e ciclista ao longo de 260 metros da LU-633, dende a baixada fronte ao albergue ata a ponte, licitada por importe de 284.565 euros.

Finalmente, ao outro lado do encoro, pero nesta mesma vía LU-633 levarase a cabo a modernización das beiravías e da varanda de seguridade. Neste caso, entre os PK 73+120 e o 73+360. Executarse no mes de xullo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre