Inicio Galicia Unha delegación integrada por 40 persoas de seis países da UE visita...

Unha delegación integrada por 40 persoas de seis países da UE visita as Illas Atlánticas e coñece o seu novo Plan reitor

0

O grupo, procedente de Portugal, Eslovaquia, Polonia, Italia, Letonia e Hungría, percorrerá esta semana diferentes puntos de Galicia no marco do proxecto europeo ‘Conexións democráticas e participación civil’


Unha delegación composta por 40 persoas procedentes de seis países europeos –Portugal, Eslovaquia, Letonia, Polonia, Italia e Hungría- visitou esta mañá o Parque Nacional das Illas Atlánticas no marco dunha viaxe de intercambio organizada entre o Concello de Melide e a Dirección Xeral de Xuventude ao abeiro do proxecto europeo Conexións democráticas e participación civil.

Durante a súa visita, para a cal contaron co apoio de persoal da dirección do parque, a comitiva tivo ocasión de coñecer de primeira man os principais atractivos das illas Cíes, así como os detalles do primeiro Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do parque nacional, que entrou en vigor esta semana co obxectivo de combinar a protección deste espazo único, coa difusión dos seus valores e o desfrute do mesmo desde un punto de vista turístico.

A viaxe a Cíes enmárcase dentro das actividades programadas pola delegación durante a súa visita a Galicia. Así, ao longo desta semana a comitiva tivo ocasión de coñecer a fondo o municipio de Melide e a súa comarca, ao igual que algunhas das principais cidades galegas, como A Coruña ou Santiago. Ademais, tamén visitaron o Mosteiro de Sobrado dos Monxes, o Castelo de Pambre, en Palas de Rei, ou o Parlamento de Galicia.

Así mesmo, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañou aos membros desta delegación internacional durante o acto de confraternización organizado onte pola noite en Melide. A recepción estivo presidida pola alcaldesa, Dalia García, quen subliñou a importancia que teñen estas iniciativas de intercambio xa que supoñen unha boa oportunidade de enriquecemento cultural e social, ao tempo que crean e consolidan lazos de unidade entre diferentes pobos europeos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre