Inicio Galicia Unha delegación do Principado de Asturias visita Galicia para coñecer a estratexia...

Unha delegación do Principado de Asturias visita Galicia para coñecer a estratexia de transformación dixital das aulas

0

A directora da Amtega e o director xeral de Educación expuxeron aos representantes do Goberno asturiano as liñas de Abalar

A directora da Amtega, Mar Pereira, xunto co director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, mantiveron esta semana unha xuntanza de traballo cunha delegación do Goberno do Principado de Asturias, que se trasladou a Galicia para coñecer a iniciativa Abalar, que está a desenvolver a Xunta desde o ano 2010.

Mar Pereira e Manuel Corredoira expuxeron as principais liñas da estratexia que a Xunta puxo en marcha en 2010 para transformar a aula tradicional nun aula dixital, proporcionando aos centros educativos: o equipamento e a conectividade; contidos dixitais; accións de formación e difusión para docentes e familias; canles de participación a través de espazos web e apps para docentes e familias.

A delegación asturiana, integrada polo director xeral de Ordenación Académica e Innovación Educativa, Francisco Óscar Laviana, e o de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, Víctor Manuel Solla, trasladouse tras a reunión ata o CEIP López Ferreiro de Santiago para visitar un aula de 5º de primaria integramente dixital.

Unha iniciativa integralConcibida como unha iniciativa viva no curso 2015-2016 Abalar avanzou na súa evolución coa implantación nos primeiros centros da iniciativa de Educación Dixital E-Dixgal, para estender o libro dixital no ámbito educativo galego. Neste curso 2018-2019 preto de 18.000 alumnos estuden exclusivamente con contidos dixitais, dispoñibles on e offline e gratuítos para as familias.

Nos dous últimos cursos ampliáronse os provedores de contidos, aos que se suman máis de 3.200 contidos dixitais creados polos propios docentes galegos e novos contidos colaborativos (SMART) así como o servizo de Soporte Premium con atención presencial en remoto (telefónica, online, ..) 24×7 a familias, docentes e alumnos E-DixgalAdemais, está en marcha o servizo de creación de contidos educativos dixitais innovadores, DIXIT, que proporcionará aos docentes a capacidade de crear contidos con ferramentas e tecnoloxías innovadoras, obtendo contidos personalizados, colaborativos e con capacidade de adaptación ao alumnadoAulas Dixitais Actualmente, máis de 900 centros e 6.000 aulas de 5º e 6º de educación primaria, Educación Secundaria e Bacharelato, son Abalar, beneficiando a máis de 120.000 alumnos. O Proxecto Abalar foi concibido como unha iniciativa para transformar o proceso educativo, transformando a aula tradicional nunha aula dixital, coa implicación de toda a comunidade educativa: pais, nais, titores legais, docentes, e alumnado.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre