Inicio Galicia Unha delegación da Unión Europea interésase polo programa de inclusión do módulo...

Unha delegación da Unión Europea interésase polo programa de inclusión do módulo 'Nelson Mandela' no centro penitenciario de Teixeiro

0


Unha delegación do Componente Penitenciario do programa El PacCto da Comisión Europea, para a asistencia contra o crime transnacional organizado en Europa e América Latina, visitou o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o módulo de inclusión social Nelson Mandela, no centro penitenciario de Teixeiro, na Coruña. O motivo foi o de interesarse por este proxecto que desde hai 10 anos desenvolve a Consellería de Política Social.

O grupo de representantes comunitarios, formado polo maxistrado italiano e coordinador do Componente, Giovanni Tartaglia, o funcionario internacional e experto en cooperación Lorenzo Tordelli, e Nathalie Boissou, funcionaria da administración penitenciaria francesa, mantivo un encontro con Perfecto Rodríguez, xerente do Consorcio, na sede dese organismo, en Santiago de Compostela. Posteriormente, a delegación desprazouse á prisión de Teixeiro para coñecer in situ o funcionamento do programa Nelson Mandela.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre