Inicio Galicia Un Workshop reúne no Centro Superior de Hostelería de Galicia a 15...

Un Workshop reúne no Centro Superior de Hostelería de Galicia a 15 empresas do sector que buscan talento entre antigos alumnos

0

O conselleiro de Cultura e Turismo, participou hoxe na inauguración da nova edición deste encontro profesional que reuniu a empresas punteiras do sector


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado da directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe da inauguración do XII Workshop de Emprego do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) no que participan 15 empresas do sector turístico, das que 13 son cadeas hoteleiras, para buscar talento entre antigos alumnos do centro, que forman parte da asociación CSHG Alumni.

Durante a xornada, os responsables de recursos humanos das empresas participantes contarán cunha zona de traballo no CSHG, onde cada compañía recibirá aos candidatos. O proceso realízase a través de entrevistas personalizadas e cada alumno pode ter varios encontros. Estímase que poidan celebrarse máis de 160 entrevistas. Moitas das empresas son colaboradoras do Centro Superior de Hostelería de Galicia a través de prácticas dos alumnos e tamén contan con titulados do Centro desempeñando diferentes funcións.“O sector turístico busca profesionais formados, con paixón polo seu traballo e que nos axuden a seguir facendo de Galicia un destino de maior calidade e máis valorado polos viaxeiros”, explicou Román Rodríguez durante a súa intervención recordando a importancia tanto de prepararse para un primeiro posto de traballo como de actualizarse continuamente nas carreiras profesionais. Neste sentido, o workshop céntrase tanto en novos profesionais como en perfís sénior, con profesionais que queiran busquen promocionar.

Doce anos de experienciaNa xornada de hoxe as empresas buscan directivos, subdirectores, executivos de ventas, cociñeiros, persoal de sala, recepcionistas, entre outros moito postos de traballo ata máis de 150 diferentes. Despois de doce anos, a experiencia do evento impulsado pola Asociación de Antigos Alumnos do centro, amosa unha alta porcentaxe de contratación. Nesta edición participan Carris Hoteles, Derby Hotels, Iberostar Hotels&Resorts, Grupo Hotusa, H10 Hotels, Hesperia, Jumeirah Hotels, Meliá Hotels International, NH Hotel Group, Nobu Hotels Ibiza Bay, Palladium Hotel Group, Soho House, W Barcelona, Horwath htl e Sixt Rent a Car. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre