Inicio Galicia Un total de sete empresas presentan as súas ofertas para executar unha...

Un total de sete empresas presentan as súas ofertas para executar unha glorieta na intersección das estradas autonómicas LU-652 e LU-546, no concello de Bóveda

0

Esta actuación, licitada por un importe superior os 212.000 euros, ten un prazo de execución de 6 meses

Un total de sete empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de construción dunha glorieta na intersección das estradas de titularidade autonómica LU-652 e LU-546, ao seu paso polo concello de Bóveda.

Esta intervención da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, licitada por un importe de máis de 212.000 euros, ten un prazo de execución de 6 meses.

Trátase de mellorar a seguridade viaria e as condicións do tráfico rodado e peonil nesta contorna.

As obras proxectadas consisten na execución dunha glorieta na intersección das ditas estradas, cun diámetro interior de 21 metros e un diámetro exterior de 41 metros, con accesos e saídas cun único carril. A plataforma da glorieta terá dous carrís de 4 metros e beiravías de 1 metro de ancho.

Tamén se lle dará acceso ao camiño de servizo existente na marxe esquerda do eixe Lugo-A Pobra do Brollón.

Na saída da glorieta, na dirección á Pobra do Brollón, permitirase un xiro á esquerda para acceder á vía existente cara ao parque empresarial de Bóveda. Neste mesmo punto, tamén se proxecta un paso de peóns accionado mediante semáforos e a instalación da semaforización correspondente, dando así continuidade a unha rede peonil existente na zona.

Os traballos incluirán o repintado de marcas viais e a colocación de nova sinalización vertical, balizamento e defensas, así como a reubicación da farola existente ao centro da glorieta.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre