Inicio Galicia Un total de catorce empresas presentan as súas ofertas para executar a...

Un total de catorce empresas presentan as súas ofertas para executar a mellora de firme en cinco estradas autonómicas das comarcas do Salnés, Pontevedra e Caldas de Reis

0

A actuación, licitada por preto de 1 millón de euros, ten un prazo de execución de 6 meses e acometerase este ano

Un total de catorce empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras de mellora de firme en cinco estradas autonómicas das comarcas do Salnés, Pontevedra e Caldas de Reis, licitadas por importe de preto de 1 millóns de euros.

Esta intervención terá un prazo de execución de 6 meses e o obxectivo da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é acometer os traballos este mesmo ano 2020.

As actuacións incluídas neste contrato levaranse a cabo en varios tramos das estradas PO-301, PO-529, PO-530, PO-531 e V.

G-4.7, ao seu paso polos concellos de Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Barro e Meis.

Os traballos consisten na rehabilitación do firme e a reposición da sinalización en varios treitos destas estradas. Así, na PO-301, que comunica as localidades de Ponte Arnelas e Vilagarcía de Arousa, os traballos centraranse nos treitos entre os puntos quilométricos 0+019 e 1+169; 2+262 e 6+589; e do 1+241 ao 2+262.

Na estrada PO-529, que conecta a estrada PO-549 coa VG-4.3, nas proximidades de Vilagarcía de Arousa, actuarase na glorieta de conexión coa PO-549, xunto cos seus ramais de acceso e os 211 primeiros metros do tronco.

No caso da PO-530, que une a estrada PO-549 coa VG-4.3, á altura da Illa de Arousa, a intervención centrarase en dous treitos, o que vai do punto quilométrico 0+071 ao 0+982 e do 1+137 ao 2+265.

Na estrada PO-531, que conecta as localidades de Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, actuarase nos treitos entre os puntos quilométricos 9+500 e 10+200 e do 11+773 ao 18+744.

Finalmente, actuarase na V.

G-4.7, vía de alta capacidade que circunvala Vilagarcía polo este desde a glorieta do enlace coa PO-531 e a N-640 ata Carril. En concreto, os traballos realizaranse no carril dereito, entre os puntos quilométricos 7+318 e 7+475, e no carril esquerdo, entre o 7+320 e 7+483. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre