Inicio Galicia Un total de 9 empresas presentan as súas ofertas para executar as...

Un total de 9 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de renovación das beirarrúas na Travesía de Castro Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei

0

As actuacións da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, cun orzamento de máis de 300.000 euros, disporán dun prazo de execución de oito meses

Un total de 9 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de renovación das beirarrúas no núcleo urbano de Castro Ribeiras de Lea, no Concello de Castro de Rei.

A actuación impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade conta cun orzamento de máis de 330.000 euros, e o prazo de execución previsto para as obras é de oito meses.

A intervención desenvolverase en 1,2 quilómetros da estrada autonómica LU-113 (Rozas-Abadín), entre o cemiterio e o centro urbano da localidade.

Pola marxe dereita desta estrada, a actuación iníciase na travesía de Duarría, na entrada ao cemiterio, no punto quilométrico 3+820 e finaliza en Castro Riberas de Lea, á altura do cruce entre Praza Galicia e Praza Irmáns Fernández Quintán, no p.q. 5+060. Ademais a beirarrúa se incrementa na zona inicial respecto á existente nunha lonxitude aproximada de 200 m para chegar ata o acceso ao cemiterio.

A actuación se completa pola marxe esquerda desta estrada coa renovación das beirarrúas, comezando no p.q 4+250 e rematando á altura do cruce entre Praza Galicia e Praza Irmáns Fernández Quintán.

As beirarrúas terán un ancho superior ou igual a 1,80 metros, o que implica a súa ampliación nalgúns tramos. Tamén se prevé a execución de pasos de peóns, trasladaranse os sumidoiros existentes ás zonas de ampliación e colocarase algún novo nas zona de nova beirarrúa.

As obras inclúen a substitución de 85 metros de bionda e 72 metros de varanda existente, a construción de ramplas de acceso aos garaxes e a reposición da sinalización vertical e horizontal.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre