Inicio Galicia Un total de 79 centros públicos desenvolverán este curso o programa Biblioteca...

Un total de 79 centros públicos desenvolverán este curso o programa Biblioteca creativa

0

A Consellería de Educación acaba de publicar a resolución pola que se incorporan 25 novos centros e se dá continuidade á participación doutros 54


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar a resolución cos novos centros que se incorporan ao programa Biblioteca Creativa, en concreto 25 centros. Deste xeito, un total de 79 centros galegos desenvolverán ao longo do curso 2019/20 esta iniciativa, que ten como obxectivo estimular a iniciación do alumnado de infantil e primaria no campo da robótica e na linguaxe da programación.

Nova incorporaciónOs 25 centros públicos de infantil e primaria de nova incorporación recibirán os materiais necesarios para a construción dun mínimo de catro Escornabots, así como outros materiais precisos para a posta en marcha da iniciativa. Cómpre aclarar que os Escornabots son pequenos robots construídos sobre Arduino, a plataforma de robótica máis estendida a nivel educativo e profesional, que conta cunha ampla comunidade de persoas usuarias e desenvolvedoras, o que facilita o acceso a unha importante base de documentación para os proxectos que se realicen nas bibliotecas.

Ademais todo o software, hardware e o deseño do robot son libres. De feito, o programa realízase en colaboración cos integrantes do proxecto Escornabot, integrado en Bricolabs, asociación de fomento de investigación en tecnoloxías libres.

Os centros que se suman este curso ao programa son os reflectidos no seguinte cadro:  Provincia

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre