Inicio Galicia Un total de 72 concellos están adheridos ao proceso selectivo unificado para...

Un total de 72 concellos están adheridos ao proceso selectivo unificado para os corpos de Policía Local

0

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicou hoxe no Parlamento que nesta segunda convocatoria ofertáronse 149 prazas de auxiliares e 156 de policía local, incluíndo as de mobilidade

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, deu conta hoxe do balance ata agora dos procesos selectivos unificados que promove a Xunta para cubrir as prazas de policías locais e auxiliares dos concellos galegos. Sinalou que a día de hoxe hai 72 concellos adheridos a este sistema: máis da metade dos 129 concellos que contan con policía local e incluíndo a 5 das 7 grandes cidades (A Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol e Santiago de Compostela).

As primeiras convocatorias unificadas celebráronse en 2018. Así, o ano pasado ofertáronse 109 prazas de auxiliares de policía local e 38 de policía. Estes últimos están agora mesmo participando no curso selectivo que ten lugar na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), e estarán a disposición dos concellos galegos a finais de ano.

Hai que ter en conta que o proceso selectivo dos postos de policía é longo. Inclúe cinco probas: test de coñecementos, proba de lingua galega, probas físicas, probas psicolóxicas e recoñecemento médico. Posteriormente, os que superan o proceso deben cursar obrigatoriamente un curso de 9 meses na AGASP.

Este ano, na segunda convocatoria unificada, ofertáronse 149 prazas auxiliares de policía local, un proceso que xa está rematado. E agora mesmo está en marcha a segunda convocatoria de postos de policía local, que suma 132 prazas de oposición libre e 24 prazas do sistema de mobilidade. Neste mes de outubro realizaranse as primeiras probas e a previsión é comezar o curso obrigatorio dentro de aproximadamente tres meses.

Ademais, cómpre destacar tamén que, grazas a este proceso unificado, elaborouse unha listaxe de colaboración para poder cubrir prazas de auxiliares de policía local que vaian xurdindo nos concellos. Estase atendendo as demandas dos gobernos locais nun tempo medio de 48 horas desde que solicitan a cobertura dunha praza.

A partir de agora, para seguir mellorando a iniciativa, o obxectivo é convocar antes de que finalice ano a primeira convocatoria unificada para o acceso a categoría de oficial de policía por promoción interna, na que está prevista convocar 17 prazas; así como tamén fixar datas fixas para as probas, o que permitirá unha maior organización para os concellos e aspirantes.

As convocatorias unificadas permiten a adhesión voluntaria dos concellos, que son os que comunican as prazas que queren ofertar no proceso. Supón un aforro de custos e axilización da xestión paras as entidades locais e contribúe á profesionalización dos corpos e a uniformidade de criterios. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre