Inicio Galicia Un total de 7 centros educativos da área territorial de Vigo incorpóranse...

Un total de 7 centros educativos da área territorial de Vigo incorpóranse ao programa Radio na Biblio da Xunta de Galicia

0
image_gallery.jpg

O programa ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar


A Xunta de Galicia vén de incorporar un total de 8 centros educativos da área territorial de Vigo (12 a nivel provincial e 30 en toda Galicia) ao programa Radio na Biblio. Esta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar.

Coas novas incorporacións, en total participan nesta iniciativa este curso un total de 109 centros públicos de infantil, primaria, ESO, Bacharelato ou FP integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) de toda Galicia, 17 deles da área territorial de Vigo e 46 da provincia de Pontevedra.

Os novos centros seleccionados recibirán 2.000 € de fondos para a posta en marcha dun laboratorio de radio (incluíndo un obradoiro de formación). Para iso contarán co apoio da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería, que orientará o seu desenvolvemento e porá á súa disposición recursos e propostas.

Así mesmo, os centros que xa participaron en Radio na Biblio en cursos anteriores e renovan recibirán unha asignación de 500 euros por centro para a realización de obradoiros de formación específica para o funcionamento da emisora ou ben de lectura expresiva ou de mellora da expresión oral.

Os centros de nova incorporación na área territorial de Vigo son os que se relacionan na seguinte táboa:

Normal

0

false

false

false

GL

X-NONE

X-NONE

/* Style Definitions */

table.

MsoNormalTable {mso-style-name:»Táboa normal»; mso-style-parent:»»; font-size:10.0pt;»Times New Roman»,serif;}

  PROVINCIA

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre