Inicio Galicia Un total de 66 Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira reciben axudas da...

Un total de 66 Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira reciben axudas da Xunta por valor de 2,1 millóns de euros

0
image_gallery.jpg

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución para dar publicidade á relación de beneficiarios destas axudas que xestiona a Consellería do Medio Rural


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ás Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeiras (ADSG) de Galicia beneficiarias na convocatoria de 2020-2021. Para estas subvencións a Xunta destinou 2,1 millóns de euros, beneficiando así un total de 66 agrupacións.

O obxectivo destas axudas é mellorar o status sanitario das explotacións gandeiras galegas mediante a execución de programas zoosanitarios comúns e obrigatorios para a prevención e control de enfermidades dos animais. Estes programas de planificación zoosanitaria deberán realizarse entre o 1 de marzo de 2020 e o 28 de febreiro de 2021. Estas axudas serven para abordar o control de determinadas enfermidades animais que habitualmente non son obxecto de programas nacionais, salvo no caso da rinotraqueite bovina infecciosa (IBR), na que o Estado estableceu un programa nacional voluntario en setembro de 2019.

Grazas á aplicación destes programas, increméntase paulatinamente a rendibilidade das explotacións, diminuíndo as perdas ocasionadas por motivos sanitarios e facilitando o cumprimento da normativa vixente referente á identificación, benestar e sanidade animal. Cómpre destacar que Galicia é a única Comunidade Autónoma que mantén, ano tras ano, esta liña de axudas financiada con fondos propios e para abordar o control de determinadas enfermidades animais que non son obxecto de programas nacionais, co fin de contribuír á mellora sanitaria da cabana gandeira apoiando economicamente o soporte técnico e de material aos gandeiros.

Ademais destas axudas, a Xunta colabora tamén coas entidades gandeiras para asumir os custos das analíticas de laboratorio, onde ás mostras dos animais das explotacións integradas en ADSG se lles aplica unha taxa de análise reducida no Laboratorio de Sanidade e Produción de Galicia, e co desenvolvemento de aplicacións informáticas que faciliten o traballo aos seus técnicos.

Os gastos subvencionables serán os derivados da contratación de servizos técnicos veterinarios ou da remuneración do persoal veterinario responsable das agrupacións para a realización dos distintos programas zoosanitarios. Así mesmo, tamén se financiarán os gastos derivados da compra de material funxible como luvas e calzas, así como tubos de extracción de sangue e agullas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre