Inicio Galicia Un total de 525 beneficiarios reciben máis de 13,3 M? en axudas...

Un total de 525 beneficiarios reciben máis de 13,3 M? en axudas para silvicultura, forestación e elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais

0

Os perceptores recibiron estas achegas no que levamos de ano ou ingresaranas no que resta de mes


A Consellería do Medio Rural terá aboado a finais de xullo máis de 13,3 millóns de euros en axudas para financiar accións silvícolas, a creación de superficies forestais e a elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais. Así, un total de 525 beneficiarios recibiron estas achegas no que levamos de ano ou ingresaranas no que resta de mes.

En concreto, a finais de xullo un total de 312 solicitantes terán percibido máis de 7,3 millóns de euros para levar a cabo accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais. Canto ás axudas para a creación de superficies forestais, 141 beneficiarios terán ingresado cando remate este mes máis de 5,2 millóns de euros.

No que se refire ás achegas destinadas á elaboración de instrumentos de ordenación ou xestión forestais, no que levamos de ano aboáronse xa máis de 750.000 euros a un total de 72 beneficiarios en virtude da convocatoria publicada no 2019. As tres convocatorias de axudas da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre