Inicio Galicia Un total de 51.000 persoas xa se vacinaron contra a gripe na...

Un total de 51.000 persoas xa se vacinaron contra a gripe na provincia de Lugo dentro da campaña que remata o 27 de decembro

0

A cobertura en persoas maiores de 65 anos alcanza neste momento o 39,76%, cun total de 38.246 doses administradas


Un total de 51.000 persoas xa se vacinaron contra a gripe na provincia de Lugo dentro da campaña que comezou o pasado 14 de outubro e se prolongará ata o 27 de decembro. A cobertura en persoas maiores de 65 anos alcanza ata este momento o 39,76%, cun total de 38.246 doses administradas para este tramo de idade.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado pola xefa territorial de Sanidade, Begoña Seco, e o xerente da área de xestión integrada do SERGAS na provincia, Ramón Ares, vacináronse hoxe no centro de saúde da Fonsagrada, onde deron conta de como se está a desenvolver a campaña, ademais de incidir na importancia de vacinarse como a mellor medida para evitar a enfermidade.

O servizo de Atención Primaria da Fonsagrada -que abarca á poboación deste municipio e á que ten como referencia o consultorio de Negueira de Muñiz- foi no 2018 o centro da provincia de Lugo que tivo maior porcentaxe de vacinación en persoas maiores de 65 anos, que, segundo lembraron, representan a principal poboación diana á que vai dirixida a campaña.

Así, o ano pasado, no centro fonsagradino a taxa de vacinación en maiores de 65 anos alcanzou preto do 68% -o obxectivo neste tramo de idade está no 65%- e no que vai da presente campaña a taxa sitúase no 40,61%.

Novidades deste anoGalicia é a primeira autonomía en administrar nesta campaña, e tamén por primeira vez, unha vacina tetracelular a persoas de 15 a 64 anos con factores de risco. Sanidade cumpre así cun dos obxectivos marcados no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, aprobado en maio pasado.

Entre as novidades salientables da campaña 2019, en canto á poboación diana, está a inclusión como grupo de risco aos nenos de entres 6 meses de idade que naceran prematuros (con menos de 32 semanas de xestación) e a incorporación explícita das persoas con trastornos da coagulación.

En total, Sanidade adquiriu para toda Galicia 615.000 doses de vacinas antigripais (7.000 máis que en 2018), e destinou un orzamento de 3.466.632 €, 1.283.412 € máis que no ano 2018.

Como en anos anteriores, a Consellería ten activa unha web temática da gripe como principal portal de información para a sociedade e os profesionais, na que se actualizada toda a información técnica e os datos de evolución da campaña. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre